miércoles, 20 de julio de 2011

PRESENTACIÓN ROMERÍA 2011

Momento da presentación da Romería de Sargadelos, na Casa do Concello!!!

De esquerda a dereita, Xose Fernandez Segurado, Presidente da A.C.R. Fervenza de Sargadelos, Tania González Concellala de Cultura, Ramiro Chaves, Vicepresidente da A.C.R Fervenza de Sargadelos, Alfonso Villares, Alcade de Cervo, Pilar Álvarez Concellala de Xuventude, Sandra Duarte e Isabel Blas, Vocais da A.C.R Fervenza de Sargadelos.


Dende a A.C.R Fervenza Sargadelos agradecemos profundamente a todas aquelas institucións que colaboraron coa Romería de Sargadelos 2011, EXCMO Concello de Cervo, EXCMA Diputación de Lugo- Cultura e INLUDES; así como a todas as empresa colaboradores e particulares. Moitas gracias a todos!!

jueves, 14 de julio de 2011

DOMINGO 24, PANCETADA E CHORIZADA, ó son da REQUINTA DA LAXEIRA

No segundo día de festexo, o domingo 24, a partires das 20:00 a A.C.R. Fervenza de Sargadelos ofrece a toda a xente que o desexe, unha degustación de panceta e chourizo, acompañado de pan. Comezaranse a repartilas racións aproximadamente ás 20:00 da tarde.

Esta festa gastronómica, que xa vai pola súa terceira edición na Romería de Sargadelos, estará amenizada polo grupo de música tradicional e requinteiros da REQUINTA DA LAXEIRA, da localidade de Vedra. Tamén todos os romeiros teñen a oportunidade de mercar rifas para entrar nun sorteo dunha cea para dúas persoas no Restaurante-Chiringuito A ABRELA. Esta actividade será nos antigos fornos do paraxe de Sargadelos. Veñan e proben este manxar de romería e porque non, optar á ese magnífico premio.

Xusto despois, arredor das 22:45, comezará o concerto do grupo folk galego BERROGÜETTO.

viernes, 8 de julio de 2011

BERROGÜETTO EN CONCERTO......Domingo 24 de xullo, NA ROMERÍA DE SARGADELOS

O histórico grupo BERROGÜETTO será o prato forte da Romería de Sargadelos en 2011. Un dos mellores grupos da escea folk celta, xa non só galega, senón mundial, estará con nós o 24 de xullo para deleitarnos coa súa música.

A viaxe épica de Berrogüetto comeza na primavera de 1995 na Galiza, cando seis músicos de procedencias dispares se xuntaron coa intención de levar a música celta tradicional do seu país un paso máis aló, cara ó ...futuro, e experimentar novas sonoridades. O nome do grupo resume o seu ideario, evocando o "o berro dos oprimidos". Trasladando este concepto á música, os seus compoñentes consideran que o folk sempre estivo encorsetado nun espazo onde non pode desenvolver libremente as súas enormes posibilidades.

Ao longo da súa traxectoria a formación foise modificando. O equipo fundador estaba composto por: Santiago Cribeiro (acordeón, teclados), Paco Juncal (violín), Quico Comesaña (arpa, mandolina, bouzouki), Guillerme Fernández (guitarras), Anxo Pintos (gaita, zanfona, saxo soprano), e Isaac Palacín (percusión). No segundo álbum Viaxe por Urticaria (1999) incorpóranse Guadi Galego á voz e gaita, e Quim Farinha, que toma o relevo de Juncal no violín. Con esta banda gravarían dous discos máis: Hepta (2001) e 10.0 (2006). No ano 2008 Guadi Galego deixa o grupo e intégrase o cantante, gaiteiro e percusionista Xabier Díaz, con quen editan Kosmogonías (2010). Este seu último traballo é “unha reflexión entre a humanidade e o universo” e “un homenaxe ós heroes anónimos que fan que a vida dos demáis sexa mellor”, segundo Anxo Pintos.


+ info: http://www.berroguetto.com​/

martes, 5 de julio de 2011

NOVA LIÑA DE CAMISETAS DE SARGADELOS 2011

Xa está á venda o novo uniforme para a ROMERÍA DE SARGADELOS 2011!!!. Nova liña de camisetas diseñada polo cervense Adrián González!!!!. Pódense a acadar a través do Facebook de Romería de Sargadelos, a través de calquera membro da asociación, ou no Bar Caseto de Copa de Cervo.

Os prezos de ditas camisetas son os seguintes:

HOME (M-L-XL-XXL) de cor verde: 10 €
MULLER( M-L) de azul turquesa: 10 €
NENO/A de cor verde: 7 € (talla única).

¿¿¿¿IDES QUEDAR SEN ELA????..........

SARGADELÍZATE!!!!!!

miércoles, 29 de junio de 2011

PANORÁMICA DOS GRUPOS PARTICIPANTES NO SF 2011: REMAKERS.

Da unión en 2009 de músicos de diversos grupos ribadenses (Beetle Juice, Mallory, Zora Gabbara, Amigos de lo Ajeno...) naceron REMAKERS. Fixérono como un proxecto paralelo ás súas actividades habituais, por divertimento e placer, como un grupo de versións que non tivese ataduras de estilo (rock & roll, pop, soul...).

Co tempo, a banda foise labrando un son propio que destaca polas bases contundentes, os xogos de guitarras eléctricas e acústicas e coidadas armonizacións vocais. As versións que soen facer REMAKERS abranguen artistas de tanto calado e calidade como Queen, PJ Harvey, Rolling Stones, David Bowie, The Police, R.E.M., Janis Joplin... ademáis, sorprenderannos tamén no Sargadelos Fusión con temas novos da súa autoría. Os seus concertos caracterízanse pola intensidade e a sinceridade na interpretación de temas elixidos para divertirse e divertir, e emocionar, a todo tipo de público.


sábado, 25 de junio de 2011

A REQUINTA DA LAXEIRA, o domingo 24 na Romería..........20:30, antes do concerto de BERROGÜETTO

A Requinta da Laxeira é un grupo da zona da Ulla adicado á recuperación do instrumento da requinta, típico da zona. Son un grupo de rapaces e rapazas que destacan pola súa música alegre e enérxica, que lles valeu para gañar o Concurso de Cantos de Taberna de Melide, ou para realizar actuacións tanto en distintos lugares de Galicia como en cidades como Frankfurt ou Bilbao.

Tamén gran parte do seu repertorio componse de "música de requinta" (recollida ós vellos requinteiros). Como din eles, nos concertos tratan de pasalo ben, cantar, bailar, sorrir......o cal son a escusa perfecta para estes eventos.

Animarán a festa gastronómica (pancetada e chorizada) do 24. a pé de campo, antes do concerto de Berrogüetto. A actuación comezará arredor das 20:15 da tarde.

+info: www.arequintadalaxeira.com


miércoles, 22 de junio de 2011

MEDOMEDÁ estarán con nós no III FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN

MeDoMeDá son o segundo grupo confirmado para o Festival Sargadelos Fusión na súa terceira edición, o 23 de xullo de 2011. Definíndose a sí mesmos como mestura "de rock e comedia", nacen entre Compostela e Teo a partir do liderado de Marquin...hos Drinkin (ex Drinkin Tinto e que popularizou no concurso A polo Ghit a súa divertida canción "Iogur de fresa" http://www.youtube.com/watch?v=rC-mvNVphyU&feature=related).

Ademáis este grupo foi o encargado de compoñerlle o himno ao equipo de fútbol-sala XACOBEO-LOBELLE de Santiago, todo un campión da copa de España de fútbol-sala e da Recopa de Europa.

Os MeDoMeDá caracterízanse tamén por elixir un vestiario adecuado a cada ocasión, a cada cual máis descacharrante, como podedes ver na súa páxina de facebook. Seguen a estela en Galicia de grupos de rock desenfadados e divertidos como os propios Drinkin Tinto ou os Heredeiros da Crus, e compartiron escenario con xente de tanta calidade coma Ruxe Ruxe. Rock para rir, bailar e festexar no Sargadelos.






lunes, 20 de junio de 2011

CLAN MARAGATO no III FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN, sábado 23 de xullo

Clan Maragato é un proxecto musical nacido no outono de 2003 en San Cibrao, froito das inquedanzas musicais dos seus compoñentes. Dende os comezos, o obxectivo principal da agrupación foi facer música folk desenfada e festeira.
A maioría dos compoñentes do Clan Maragato proveñen da canteira do Grupo Folclórico Mistura, pero tamén hai membros procedentes de outras asociacións como Airiños do Xunco. A formación destes músicos é predominantemente autodidacta, aínda que algúns deles teñen estudios de música clásica e jazz.
Algunhas das actuacións máis importantes do grupo foron na Carballeira de Zas´10, Arroutada´09, Festival de Pardiñas´08, Festival Irmandiño de Moeche´07. Ademáis, actuaron en numerosos locais de concertos de toda Galicia como o Clavicémbalo (Lugo), Sala Garufa (A Coruña), Pub Fardela (Vilalba), O Muíño (Cervo), e moitos outros.

Clan Maragato son:


• Chus: Pandeireta e voz.
• Ricardo: Percusións e gaita galega.
• Jacobo: Baixo eléctrico.
• Julián: Acordión, flautas e gaita.
• Rodrigo: Acordión, flautas e gaita.
• Carlos: Guitarra eléctrica.
• David: Percusións e gaita.


domingo, 19 de junio de 2011

FALPERRYS actuarán no III FESTIVAL SARGADELOS FUSÍÓN

FALPERRYS, música tabernaria para almas perdidas, completa o cartel do Sargadelos Fusión 2011.

Falperrys son unha banda creada en Vigo en 2010 por unha serie de veteranos músicos curtidos en grupos sobranceiros no panorama do rock galego como Skacha ou Motor Perkins. Algúns dos bandullos máis enormes do circuito musical galaico uníro...nse para fabricar un punkfolk que da fame de festa. Dan boa fe diso en Vigo (La Fábrica de Chocolate, La Iguana Club), Ourense (O Miudiño), Moaña (San Resakiño), Melide (Sala 600) ou Mos (Festa da Prehistoria). Pero sábeno tamén alén das nosas fronteiras; en abril realizaron unha xira en Berlín tocando nos pubs Pimplar, Clash e Wild at heart.
Guitarra, acordeón, mandolina, baixo, batería, voz e violín preparan un caldo que ten como obxectivo alegra-los corazóns. Seguro que van dar moito que falar... e moito que bailar. 23 de xullo en Sargadelos!!!




jueves, 28 de abril de 2011

PROGRAMA DA ROMERIA 2011

SÁBADO 23
20:00 Lanzamento de bombas de palenque, comeza a Romería 2011.
21:00 Probas de son
23:00 III FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN, cos grupos:
Remakers (Ribadeo)
Medomedá (Santiago D.C.)
Clan Maragato (San Cibrao)
Falperrys (Vigo).

DOMINGO 24
13:30 lanzamento de bombas de palenque.
14:00 Sesión Vermouth co grupo VIVARIUM
15:00 Xantar de romería
20:00 Pancetada e chorizada, amenizada por A REQUINTA DA LAXEIRA
22:45 Concerto de BERROGUETTO
0:00 Queimada Gratuita
0:30 Verbena a cargo do grupo VIVARIUM

LUNS 25 (Día de Santiago Apóstol)
12:00 Lanzamento de bombas de palenque.
13:00 Misa solenme cantada polo coro parroquial de Cervo
13:30 Procesión a cargo do grupo de gaitas A.C. Airiños do Xunco.
14:00 Sesión Vermouth a cargo do Grupo COSTA DO MAR
15:00 Xantar de Romería
22:00 Verbena a cargo do Grupo COSTA DO MAR
1:00 Lanzamento de bombas de palenque anunciando o remate da Romería 2011.


ORGANIZA: A.C.R. Fervenza de Sargadelos

COLABORA: EXCMO. Concello de Cervo
EXCMA. Deputación de Lugo
INLUDES

domingo, 24 de abril de 2011

GAÑADORES do III TORNEO DE MUS

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos organizou o seu III Torneo de Mus este sábado 23 de abril na Pousada O Almacén de Cervo. Comezando ás 16:00 e concluíndo ás 22.00 da noite. Dividindo a competición en dous grupos de cinco parellas cada grupo, e pasando a semifinais os dous mellores de cada grupo.

Todo transcurreu con total normalidade, onde a competición foi do máis igualada. Pasando a Semifinais, por unha banda os burelenses Raúl-Otero contra a parella local Ramón-Xacobo. Disputando a outra semifinal as parallas da localidade de Burela Nando-Josué contra Suso e Joel, éstes ultimos pasarían á final xunto con Raúl-Otero. O 1º premio, que consistía no 50% da recaudación +agasallo, disputaríano finalmente Raúl-Otero (na foto) vs. Suso Joel. Gañando os primeiros, por un contundente 3-0. Os segundos clasificados laverían o 20% da recaudación +agasallo.

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos agradece a participación, a competitividade e deportividade de todas as parellas, así como a estimada colaboración da Pousada O Almacén. Gracias!!!!!!

martes, 19 de abril de 2011

III TORNEO DE MUS

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos" organiza o III Torneo de Mus o sábado 23 de abril na Pousada O Almacén de Cervo. Xa sabedes que iso de fardar de ser a mellor parella de mus da volta non se paga con diñeiro!
COSTE DA INSCRICIÓN: 20 euros.
PRAZO: ata o sábado ás 12 horas, chamando por teléfono ó 653.324.047 (ou mandando un mail a fervenzadesargadelos@gmail
.com).
PREMIOS: 50% recaudación para os PRIMEIROS CLASIFICADOS
20% da recaudación para os SEGUNDOS CLASIFICADOS.


ORGANIZA: A.C.R. FERVENZA DE SARGADELOS
COLABORA: POUSADA "O ALMACÉN"

miércoles, 26 de enero de 2011

III EDICIÓN DA FESTA DA FABADA, O 19 DE FEBREIRO

O sábado 19 de febreiro celebraremos a III FESTA DA FABADA na praza do Souto de Cervo. A repartición de racións (fabada+pan+viño+tarrina), comezará a partires das 19:30. Posteriormente, a partires das 22:30, terá lugar a verbena no interior da carpa a cargo do Grupo Costa do Mar. No descanso da actuación, membros da asociación realizarán o sorteo dun lote de productos mariños. Alí vos agardamos... traede fame e ganas de festa.
ORGANIZA: A.C.R FERVENZA DE SARGADELOS
COLABORAN:
EXCMO CONCELLO DE CERVO
INLUDES
EXCMA. DEPUTACIÓN DE LUGO.

lunes, 17 de enero de 2011

BENVIDO 2011

A PARTIRES DESTE MOMENTO PUBLICAREMOS TODAS AS ACTUALIZACIÓNS E NOVAS DO PRESENTE ANO: actividades, festas, eventos culturais, actuacións, etc.

Benvidos a Romería de Sargadelos 2011.