martes, 20 de julio de 2010

PRESENTACIÓN DA ROMERIA DE SARGADELOS 2010

Este pasado martes 20 de xullo, celebrouse na paraxe de Sargadelos a presentación da tradicional Romaxe de Sargadelos, que se celebra esta fin de semana no conxunto histórico-artístico de dita parroquia.
Os encargados de realizala presentación foron algúns dos membros da A.C.R. Fervenza de Sargadelos, como Ramiro Chaves vicepresidente, Sandra Duarte como vocal e Xosé Fernández como Presidente da entidade.

Dende Fervenza, desexámosvos unhas felices festas. Un fin de semana intenso de festa, onde poidamos celebrar un ano máis unha das romerías máis emblemáticas da comarca e incluso da provincia. Na cal seguiremos no empeño de recuperar esa orixe anteriormente perdida.
Gracias a todos ós que colaboraron, ós que se implicaron e ós que fixeron posible a celebración desta festa. GRACIAS A TODOS.

Un saúdo

miércoles, 14 de julio de 2010

SÁBADO 24 DE XULLO, CHORIZADA E PANCETADA

Dentro da programación da Romería de Sargadelos 2010, hai que destacar un ano máis, a festa gastronómica que caracteriza a dito festexo. O sábado 24 de xullo, a partires das 20:00 da tarde, os membros da A.C.R. Fervenza e colaboradores, repartirán no lugar dos antigos fornos, racións de chourizos, panceta e pan.
Que mellor que abrir boca con esta disgustación típIca do noso país antes do concerto do ilustre grupo galego A RODA.
Aproveitamos tamén para comunicar, que ás 0:00 da noite, xusto ó remate de dito concerto, seguiremos con gastronomía, xa que os membros da asociación tamén repartirán litros de queimada gratuitamente e así todos os alí presentes queden purificados de todo mal.

jueves, 1 de julio de 2010

O 24 DE XULLO, O GRUPO "A RODA" EN CONCERTO na Romería de Sargadelos

O sábado 24 de xullo, a Romería de Sargadelos terá o privilixio de contar cun dos grupos de música tradicional galega máis laureados e máis populares do noso país. O grupo A RODA, ofrecerá un concerto, dentro da programación da romería, o 24 de xullo a partires das 22:30 na paraxe de Sargadelos.

Este grupo defínese como un grupo de amigos que se xuntaban a cantar arredor dunha mesa redonda na taberna, de aí o nome. Unha época e nun país onde convivía esta tradición tabernaria cos efectos da normalización, que comezaban a dar resultados tamén no eido musical, eido que precisaba ter representación tamén no ámbito da cantiga de taberna. Estes feitos, xunto ao carácter estritamente popular das cantigas galegas que cantaba A Roda.

Na actualidade o grupo A Roda, ademais de conserva-la esencia que caracterizou ao grupo dende o seu berce e de mante-los presupostos do seu xermolo, roda e xira baixo o obxectivo común de non limita-la súa creatividade e inspiración, agroma a necesidade de chegar onde nunca antes chegara, e zumega entre as súas madeiras a intención de facer unha Roda igual de redonda pero máis grande e totémica, se isto é posible.

As últimas gravacións da formación son: LEMBRANZAS (1995) disco recopilatorio. NA BRANCA NOITE (1996), disco que supón unha homenaxe á gran tradición que ten o xénero da panxoliña, así como á importancia que acadou este xénero no conxunto do cancioneiro popular galego e na literatura galega en xeral. ONDE GALICIA É PORTUGAL (1998). R.C. CELTA - A RODA (1999). AÍ O VÉN (1999), disco publicado e editado en colaboración co Xacobeo 99, no que se inclúen dúas cancións autógrafas que A RODA realiza con motivo do mencionado evento. Estas dúas cancións atópanse tamén no recente O SON DO CAMIÑO (2004). Por último cómpre facer mención da recente edición especial que realiza La Voz de Galicia, baixo a colección Son de Galicia do disco PRA OS AMIGOS.

Mais información: www.grupoaroda.com