sábado, 30 de mayo de 2009

SNATCH en SARGADELOS FUSIÓN o venres 24 de xullo













Snatch nace no 2007 baixo formación de cuarteto cun repertorio, en principio, orientado a versións de rock principalmente. Paulatinamente incorporamos temas propios con influencias do rock, pop, jazz, blues, funk, reggae... ata completar un repertorio completamente orixinal tocando en numerosas ocasions por toda a xeografía galega.

http://www.myspace.com/snatchsantiago

24 DE XULLO EN SARGADELOS FUSIÓN
ROMERÍA DE SARGADELOS 2009

miércoles, 20 de mayo de 2009

O dúo CHINGLA E SALVA o domingo 26 no Sargadelos

O domingo día 26 de xullo, contaremos na Romería de Sargadelos co dúo focense Chingla e Salva. Uns artistazos, os cales compuxeron o himno do C.D.Foz......si si....ese de......¡aupa Foz Aupa!......pois terémolos na Sesión Vermouth do domingo 26. Este dúo actúa en numerosos eventos, como bautizos, bodas, bailes de entroido ou mesmo festas infantís. E como no........na Romaría de Sargadelos ás 13:30 do mediodía. Así que non hai excusa........un domingo de verán que mellor que de festa.
Recordar que a festa celébrase no lugar de sempre, no conxunto histórico-artístico de Sargadelos.
1ª EDICIÓN DO FESTIVAL
SARGADELOS FUSIÓN
24 DE XULLO DE 2009
ROMERÍA DE SARGADELOS 2009

GRUPOS CONFIRMADOS:
O LEO I ARREMECÁGHONA
(Vigo)
MALLORY
(Ribadeo)
SNATCH
(Santiago)
TORQUES
(Burela)

SON E ILUMINACIÓN.
MAS DB´S (Santiago)

martes, 12 de mayo de 2009

O GRUPO ACUARELA, o 25 de Xullo en Sargadelos

O sábado 25 de xullo, e celebarando o día do Santiago Apóstol, contamos tamén coa actuación do Grupo Acuarela, onde comezará a súa actuación coa sesión Vermouth, a partires das 14:00 da tarde. Compartirá cartel co grupo de música tradicional galega, archicoñecido e gañador do Pedrón de Ouro 2009, A Quenlla. Será un día óptimo para celebrar unha das Romerías máis laureadas da comarca, onde o que se pretende é recuperar a orixe da festa, e que mellor que con boa música da terra e farra.
O 25 de xullo, toda a xente pode disfrutar da festa ó ritmo da música actual, de pasodobres, cumbias, salsa e merengue; contrastado coa nosa música tradicional a cargo de A Quenlla.
Unha boa ocasión para celebrar o día de Galicia, e como non pode ser mellor, que en SARGADELOS!!!!!

martes, 5 de mayo de 2009

MALLORY, o 24 de xullo en Sargadelos.

O venres 24 contaremos en Sargadelos coa actuación da grande banda de rock ribadense Mallory, uns musicazos que xa nos fixeron vibrar noutras edicións anteriores da romería e que teñen compartido xira con grupos de tanto prestixio como Saratoga, Os Suaves ou Barón Rojo.
Mallory fórmase no ano 1990 aproximadamente cos mesmos catro compoñentes que actualmente o forman (Fran García, voz, guitarra e gaita; Armando Da Veiga, guitarra e coros; Rober Martínez, batería e coros; Fillo, baixo e coros.)Tras varios anos de dedicación a ensaios e concertos pola zona consiguen un contrato discográfico coa compañía madrileña Avispa Music, coa que editan os seus dous discos titulados "Mallory" no ano 2000 e "Baskerville" no 2002. Entre os anos 2005 e 2008, ante o forzado parón debido ao pouco movemento da industria discográfica, e para conmemorar o vinte aniversario da morte de Phil Lynott embárcanse nunha nova aventura musical facendo unha homenaxe aos seus idolatrados Thin Lizzy, versioneando os seus temas e volvendo aos escenarios. Na actualidade, coas pilas recargadas, estan dispostos a sair de novo aos escenariospara mostrar ao público o que mellor saben facer: ¡¡rock n´roll!!