miércoles, 22 de junio de 2011

MEDOMEDÁ estarán con nós no III FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN

MeDoMeDá son o segundo grupo confirmado para o Festival Sargadelos Fusión na súa terceira edición, o 23 de xullo de 2011. Definíndose a sí mesmos como mestura "de rock e comedia", nacen entre Compostela e Teo a partir do liderado de Marquin...hos Drinkin (ex Drinkin Tinto e que popularizou no concurso A polo Ghit a súa divertida canción "Iogur de fresa" http://www.youtube.com/watch?v=rC-mvNVphyU&feature=related).

Ademáis este grupo foi o encargado de compoñerlle o himno ao equipo de fútbol-sala XACOBEO-LOBELLE de Santiago, todo un campión da copa de España de fútbol-sala e da Recopa de Europa.

Os MeDoMeDá caracterízanse tamén por elixir un vestiario adecuado a cada ocasión, a cada cual máis descacharrante, como podedes ver na súa páxina de facebook. Seguen a estela en Galicia de grupos de rock desenfadados e divertidos como os propios Drinkin Tinto ou os Heredeiros da Crus, e compartiron escenario con xente de tanta calidade coma Ruxe Ruxe. Rock para rir, bailar e festexar no Sargadelos.






No hay comentarios: