miércoles 20 de julio de 2011
jueves 14 de julio de 2011
DOMINGO 24, PANCETADA E CHORIZADA, ó son da REQUINTA DA LAXEIRA
No segundo día de festexo, o domingo 24, a partires das 20:00 a A.C.R. Fervenza de Sargadelos ofrece a toda a xente que o desexe, unha degustación de panceta e chourizo, acompañado de pan. Comezaranse a repartilas racións aproximadamente ás 20:00 da tarde.Esta festa gastronómica, que xa vai pola súa terceira edición na Romería de Sargadelos, estará amenizada polo grupo de música tradicional e requinteiros da REQUINTA DA LAXEIRA, da localidade de Vedra. Tamén todos os romeiros teñen a oportunidade de mercar rifas para entrar nun sorteo dunha cea para dúas persoas no Restaurante-Chiringuito A ABRELA. Esta actividade será nos antigos fornos do paraxe de Sargadelos. Veñan e proben este manxar de romería e porque non, optar á ese magnífico premio.
Xusto despois, arredor das 22:45, comezará o concerto do grupo folk galego BERROGÜETTO.
viernes 8 de julio de 2011
BERROGÜETTO EN CONCERTO......Domingo 24 de xullo, NA ROMERÍA DE SARGADELOS
O histórico grupo BERROGÜETTO será o prato forte da Romería de Sargadelos en 2011. Un dos mellores grupos da escea folk celta, xa non só galega, senón mundial, estará con nós o 24 de xullo para deleitarnos coa súa música.A viaxe épica de Berrogüetto comeza na primavera de 1995 na Galiza, cando seis músicos de procedencias dispares se xuntaron coa intención de levar a música celta tradicional do seu país un paso máis aló, cara ó ...futuro, e experimentar novas sonoridades. O nome do grupo resume o seu ideario, evocando o "o berro dos oprimidos". Trasladando este concepto á música, os seus compoñentes consideran que o folk sempre estivo encorsetado nun espazo onde non pode desenvolver libremente as súas enormes posibilidades.
Ao longo da súa traxectoria a formación foise modificando. O equipo fundador estaba composto por: Santiago Cribeiro (acordeón, teclados), Paco Juncal (violín), Quico Comesaña (arpa, mandolina, bouzouki), Guillerme Fernández (guitarras), Anxo Pintos (gaita, zanfona, saxo soprano), e Isaac Palacín (percusión). No segundo álbum Viaxe por Urticaria (1999) incorpóranse Guadi Galego á voz e gaita, e Quim Farinha, que toma o relevo de Juncal no violín. Con esta banda gravarían dous discos máis: Hepta (2001) e 10.0 (2006). No ano 2008 Guadi Galego deixa o grupo e intégrase o cantante, gaiteiro e percusionista Xabier Díaz, con quen editan Kosmogonías (2010). Este seu último traballo é “unha reflexión entre a humanidade e o universo” e “un homenaxe ós heroes anónimos que fan que a vida dos demáis sexa mellor”, segundo Anxo Pintos.
+ info: http://www.berroguetto.com
martes 5 de julio de 2011
NOVA LIÑA DE CAMISETAS DE SARGADELOS 2011
Xa está á venda o novo uniforme para a ROMERÍA DE SARGADELOS 2011!!!. Nova liña de camisetas diseñada polo cervense Adrián González!!!!. Pódense a acadar a través do Facebook de Romería de Sargadelos, a través de calquera membro da asociación, ou no Bar Caseto de Copa de Cervo.Os prezos de ditas camisetas son os seguintes:
HOME (M-L-XL-XXL) de cor verde: 10 €
MULLER( M-L) de azul turquesa: 10 €
NENO/A de cor verde: 7 € (talla única).
¿¿¿¿IDES QUEDAR SEN ELA????..........
SARGADELÍZATE!!!!!!
miércoles 29 de junio de 2011
PANORÁMICA DOS GRUPOS PARTICIPANTES NO SF 2011: REMAKERS.
Da unión en 2009 de músicos de diversos grupos ribadenses (Beetle Juice, Mallory, Zora Gabbara, Amigos de lo Ajeno...) naceron REMAKERS. Fixérono como un proxecto paralelo ás súas actividades habituais, por divertimento e placer, como un grupo de versións que non tivese ataduras de estilo (rock & roll, pop, soul...).
Co tempo, a banda foise labrando un son propio que destaca polas bases contundentes, os xogos de guitarras eléctricas e acústicas e coidadas armonizacións vocais. As versións que soen facer REMAKERS abranguen artistas de tanto calado e calidade como Queen, PJ Harvey, Rolling Stones, David Bowie, The Police, R.E.M., Janis Joplin... ademáis, sorprenderannos tamén no Sargadelos Fusión con temas novos da súa autoría. Os seus concertos caracterízanse pola intensidade e a sinceridade na interpretación de temas elixidos para divertirse e divertir, e emocionar, a todo tipo de público.

sábado 25 de junio de 2011
A REQUINTA DA LAXEIRA, o domingo 24 na Romería..........20:30, antes do concerto de BERROGÜETTO
A Requinta da Laxeira é un grupo da zona da Ulla adicado á recuperación do instrumento da requinta, típico da zona. Son un grupo de rapaces e rapazas que destacan pola súa música alegre e enérxica, que lles valeu para gañar o Concurso de Cantos de Taberna de Melide, ou para realizar actuacións tanto en distintos lugares de Galicia como en cidades como Frankfurt ou Bilbao. Tamén gran parte do seu repertorio componse de "música de requinta" (recollida ós vellos requinteiros). Como din eles, nos concertos tratan de pasalo ben, cantar, bailar, sorrir......o cal son a escusa perfecta para estes eventos.
Animarán a festa gastronómica (pancetada e chorizada) do 24. a pé de campo, antes do concerto de Berrogüetto. A actuación comezará arredor das 20:15 da tarde.
+info: www.arequintadalaxeira.com
miércoles 22 de junio de 2011
MEDOMEDÁ estarán con nós no III FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN

MeDoMeDá son o segundo grupo confirmado para o Festival Sargadelos Fusión na súa terceira edición, o 23 de xullo de 2011. Definíndose a sí mesmos como mestura "de rock e comedia", nacen entre Compostela e Teo a partir do liderado de Marquin...hos Drinkin (ex Drinkin Tinto e que popularizou no concurso A polo Ghit a súa divertida canción "Iogur de fresa" http://www.youtube.com/watch?v=rC-mvNVphyU&feature=related ).
Ademáis este grupo foi o encargado de compoñerlle o himno ao equipo de fútbol-sala XACOBEO-LOBELLE de Santiago, todo un campión da copa de España de fútbol-sala e da Recopa de Europa.
Os MeDoMeDá caracterízanse tamén por elixir un vestiario adecuado a cada ocasión, a cada cual máis descacharrante, como podedes ver na súa páxina de facebook. Seguen a estela en Galicia de grupos de rock desenfadados e divertidos como os propios Drinkin Tinto ou os Heredeiros da Crus, e compartiron escenario con xente de tanta calidade coma Ruxe Ruxe. Rock para rir, bailar e festexar no Sargadelos.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)