miércoles, 29 de junio de 2011

PANORÁMICA DOS GRUPOS PARTICIPANTES NO SF 2011: REMAKERS.

Da unión en 2009 de músicos de diversos grupos ribadenses (Beetle Juice, Mallory, Zora Gabbara, Amigos de lo Ajeno...) naceron REMAKERS. Fixérono como un proxecto paralelo ás súas actividades habituais, por divertimento e placer, como un grupo de versións que non tivese ataduras de estilo (rock & roll, pop, soul...).

Co tempo, a banda foise labrando un son propio que destaca polas bases contundentes, os xogos de guitarras eléctricas e acústicas e coidadas armonizacións vocais. As versións que soen facer REMAKERS abranguen artistas de tanto calado e calidade como Queen, PJ Harvey, Rolling Stones, David Bowie, The Police, R.E.M., Janis Joplin... ademáis, sorprenderannos tamén no Sargadelos Fusión con temas novos da súa autoría. Os seus concertos caracterízanse pola intensidade e a sinceridade na interpretación de temas elixidos para divertirse e divertir, e emocionar, a todo tipo de público.


No hay comentarios: