viernes, 8 de julio de 2011

BERROGÜETTO EN CONCERTO......Domingo 24 de xullo, NA ROMERÍA DE SARGADELOS

O histórico grupo BERROGÜETTO será o prato forte da Romería de Sargadelos en 2011. Un dos mellores grupos da escea folk celta, xa non só galega, senón mundial, estará con nós o 24 de xullo para deleitarnos coa súa música.

A viaxe épica de Berrogüetto comeza na primavera de 1995 na Galiza, cando seis músicos de procedencias dispares se xuntaron coa intención de levar a música celta tradicional do seu país un paso máis aló, cara ó ...futuro, e experimentar novas sonoridades. O nome do grupo resume o seu ideario, evocando o "o berro dos oprimidos". Trasladando este concepto á música, os seus compoñentes consideran que o folk sempre estivo encorsetado nun espazo onde non pode desenvolver libremente as súas enormes posibilidades.

Ao longo da súa traxectoria a formación foise modificando. O equipo fundador estaba composto por: Santiago Cribeiro (acordeón, teclados), Paco Juncal (violín), Quico Comesaña (arpa, mandolina, bouzouki), Guillerme Fernández (guitarras), Anxo Pintos (gaita, zanfona, saxo soprano), e Isaac Palacín (percusión). No segundo álbum Viaxe por Urticaria (1999) incorpóranse Guadi Galego á voz e gaita, e Quim Farinha, que toma o relevo de Juncal no violín. Con esta banda gravarían dous discos máis: Hepta (2001) e 10.0 (2006). No ano 2008 Guadi Galego deixa o grupo e intégrase o cantante, gaiteiro e percusionista Xabier Díaz, con quen editan Kosmogonías (2010). Este seu último traballo é “unha reflexión entre a humanidade e o universo” e “un homenaxe ós heroes anónimos que fan que a vida dos demáis sexa mellor”, segundo Anxo Pintos.


+ info: http://www.berroguetto.com​/

No hay comentarios: