jueves, 21 de octubre de 2010

REGALAMOS 2 CAMISTEAS EN FACEBOOK

Estamos a piques de de ser 1.000 romeir@s en FACEBOOK. E co paso dos dias, das semanes e meses, esperamos ser moitos máis. E para celebrar dita cantidade, a Romería de Sargadelos regala ó romeir@ número 1.000 un pack de dúas camisetas, co lema de VOLTA Á ORIXE e de SARGADELÍZATE. Con esta idea pretendemos ser cada vez máis romeiros e romeiras, e así coñecernos todos, interactuar, intercambiar opinións, falar e comentar na rede social.
Estaremos antentos pa saber quen é o gañad@r, para poñernos en contacto con dita persoa para mandalo pack.

A partir desta idea e desta cantidade inicial, a romería de sargadelos, de 100 en 100 amigos, regalará packs de camistas ós afortunados.

martes, 20 de julio de 2010

PRESENTACIÓN DA ROMERIA DE SARGADELOS 2010

Este pasado martes 20 de xullo, celebrouse na paraxe de Sargadelos a presentación da tradicional Romaxe de Sargadelos, que se celebra esta fin de semana no conxunto histórico-artístico de dita parroquia.
Os encargados de realizala presentación foron algúns dos membros da A.C.R. Fervenza de Sargadelos, como Ramiro Chaves vicepresidente, Sandra Duarte como vocal e Xosé Fernández como Presidente da entidade.

Dende Fervenza, desexámosvos unhas felices festas. Un fin de semana intenso de festa, onde poidamos celebrar un ano máis unha das romerías máis emblemáticas da comarca e incluso da provincia. Na cal seguiremos no empeño de recuperar esa orixe anteriormente perdida.
Gracias a todos ós que colaboraron, ós que se implicaron e ós que fixeron posible a celebración desta festa. GRACIAS A TODOS.

Un saúdo

miércoles, 14 de julio de 2010

SÁBADO 24 DE XULLO, CHORIZADA E PANCETADA

Dentro da programación da Romería de Sargadelos 2010, hai que destacar un ano máis, a festa gastronómica que caracteriza a dito festexo. O sábado 24 de xullo, a partires das 20:00 da tarde, os membros da A.C.R. Fervenza e colaboradores, repartirán no lugar dos antigos fornos, racións de chourizos, panceta e pan.
Que mellor que abrir boca con esta disgustación típIca do noso país antes do concerto do ilustre grupo galego A RODA.
Aproveitamos tamén para comunicar, que ás 0:00 da noite, xusto ó remate de dito concerto, seguiremos con gastronomía, xa que os membros da asociación tamén repartirán litros de queimada gratuitamente e así todos os alí presentes queden purificados de todo mal.

jueves, 1 de julio de 2010

O 24 DE XULLO, O GRUPO "A RODA" EN CONCERTO na Romería de Sargadelos

O sábado 24 de xullo, a Romería de Sargadelos terá o privilixio de contar cun dos grupos de música tradicional galega máis laureados e máis populares do noso país. O grupo A RODA, ofrecerá un concerto, dentro da programación da romería, o 24 de xullo a partires das 22:30 na paraxe de Sargadelos.

Este grupo defínese como un grupo de amigos que se xuntaban a cantar arredor dunha mesa redonda na taberna, de aí o nome. Unha época e nun país onde convivía esta tradición tabernaria cos efectos da normalización, que comezaban a dar resultados tamén no eido musical, eido que precisaba ter representación tamén no ámbito da cantiga de taberna. Estes feitos, xunto ao carácter estritamente popular das cantigas galegas que cantaba A Roda.

Na actualidade o grupo A Roda, ademais de conserva-la esencia que caracterizou ao grupo dende o seu berce e de mante-los presupostos do seu xermolo, roda e xira baixo o obxectivo común de non limita-la súa creatividade e inspiración, agroma a necesidade de chegar onde nunca antes chegara, e zumega entre as súas madeiras a intención de facer unha Roda igual de redonda pero máis grande e totémica, se isto é posible.

As últimas gravacións da formación son: LEMBRANZAS (1995) disco recopilatorio. NA BRANCA NOITE (1996), disco que supón unha homenaxe á gran tradición que ten o xénero da panxoliña, así como á importancia que acadou este xénero no conxunto do cancioneiro popular galego e na literatura galega en xeral. ONDE GALICIA É PORTUGAL (1998). R.C. CELTA - A RODA (1999). AÍ O VÉN (1999), disco publicado e editado en colaboración co Xacobeo 99, no que se inclúen dúas cancións autógrafas que A RODA realiza con motivo do mencionado evento. Estas dúas cancións atópanse tamén no recente O SON DO CAMIÑO (2004). Por último cómpre facer mención da recente edición especial que realiza La Voz de Galicia, baixo a colección Son de Galicia do disco PRA OS AMIGOS.

Mais información: www.grupoaroda.com


miércoles, 30 de junio de 2010

SACHA NA HORTA, COMPLETA O CARTEL DO SARGADELOS FUSIÓN 2010

O grupo santiagués SACHA NA HORTA , completa o excelente cartel do festival Sargadelos Fusión 2010. Dita banda actuará en segundo lugar, xusto despois da outra banda santiaguesa Ataque Escampe.
Sacha na Horta é un grupo de mulleres que naceu unha noite de fista entre as hortas de Compostela. Embriagadas pola música e o alcol deciden probar os efectos fertilizantes do licor café e das mellores sementes agromaron os repolos máis extraordinários que deu a terra. E Como a noite é moi longa presentáronse ó A Polo Ghit 2007 e, como aa vida é sorprendente, ... gañaron. Volta a collelo sacho!

Estréanse en xaneiro de 2008 no Centro Social A Gentalha do Pichel de Compostela. O seguinte concerto sería na Habana (Cuba).

A partir deahí, sempre dobrando a espalda sin deixar de bailar, o “agro-punk mestizo” das sachadoras non deixará de soar porque...SI AS MULLERES PARAN, O MUNDO PARA!!

PARA MÁIS INFORMACIÓN EN: www.myspace.com/sachanahorta

lunes, 28 de junio de 2010

RECAMBIOS TUCHO, NO FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN

A banda do barbanza será a encargada de pechar o festival Sargadelos Fusión, que se celebrará na fermosa paraxe de Sargadelos o venres 23 de xullo. Recambios Tucho súmanse asi ás bandas xa confirmadas como ATAQUE ESCAMPE e MALLORY.

RECAMBIOS TUCHO regurjjita da boca do que fòra creador e ideòlogo dos . .finadiños?...HEREDEIROS DA CRUS; TUCHO (Antonio Novo Alonso Quijjano) Despois de termos o jran privilexio de presentarnos ante a concurrida concurrensia (valja la rebusnansia)da nosa Santìsima Festa da Dorna da benquerida SANTA EUGÈNIA DE JUINSCONSIN, e case sen darnos conta, aparescemos na adorada Juadalupe de Rianxo (con tòdolos membros pero sen tanta roupa). RECAMBIOS TUCHO busca dàrlle a volta de parafuso (para fuso TÙ,guapo) os grandes clàsicos do rock dos 70(tentando desmerecelos na sua xusta medida) co desparafusador( desparafusa que??) retranqueiro do noso Tucho TUMBABRAJAS. .. Sen màis Retranca vergonzante i acusadora ¡señora! a uste me remito sen mais demora que RECAMBIOS TUCHO està de volta con enerxia renovada.

Máis información en: www.myspace.com/recambiostucho

O VENRES 23 de xullo ATAQUE ESCAMPE ABRIRÁ O II SARGADELOS FUSIÓN

A banda santiaguesa ATAQUE ESCAMPE, será a encargada de abrir o II FESTIVAL MUSICAL SARGADELOS FUSIÓN. Será o venres 23 de xullo a partir das 22:30 da noite.

E como din eles.....As Ataque Escampe gostamos de nos definir como rock de serie B porque partindo dunha instrumentación sinxela ofrecemos unha proposta musical que trata de ser sólida e autónoma, encadrábel nunha traxectoria antivirtuosa practicamente inédita na Galiza, na xenealoxía que se podería trazar desde Neil Young até Violent Femmes pasando por Jonathan Richman, estendendo estraños tentáculos que rozasen, por exemplo, a Xil Ríos. O rock de serie B é un xeito de entender a música que abrangue un inxente abano de xéneros, dende o bolero ao punk, pasando polo valse, o tango, a canción popular galega, o pop electrónico, o country ou a rumba. O funcionamento como grupo sen destacar autorías, o emprego do galego como única lingua e a reciclaxe de músicas malditas completan a nosa filosofía: o "do it yourself" máis brutal, poético e desvergonzado que poida caber nun formato

Para máis información o seu myspace: www.myspace.com/ataquescampe

martes, 22 de junio de 2010

MALLORY ESTARÁ NO II FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN

A banda ribadense de rock and Roll, MALLORY, estará un ano máis no II FESTIVAL MUSICAL "SARGADELOS FUSIÓN, será o venres 23 de xullo a partires das 22:00 da noite na paraxe de Sargadelos.
Según os integrantes do grupo, Conta a lenda que catro individuos con tendencia á festa, a cerveza e as barbacoas con amigos, coincidiron un dia na consulta do psicólogo e animados polos sues gustos musicais comúns, decidiron montar unha banda para a alegria dos seus amigos, fans, a pesar do seus familiares e veciños.
E dende entón, Mallory, sobreviviu como soldados de fortuna, si vostede os encontra, quizais poida contralos.

A PARTIR DESTE MOMENTO PUBLICAREMOS AS NOVAS DESTE ANO 2010