sábado, 29 de junio de 2013

ALMA LATINA, o 24 na ROMERÍA DE SARGADELOS

   COMEZAMOS!!!!.....O mércores 24 comeza a Romería, e quinto ano consecutivo organizada pola A.C.R. Fervenza de Sargadelos. E que mellor comezo que co grupo mariñán ALMA LATINA, que nos amenizará a sesión vermut sobre as 14:00 aproximadamente, e a posterior verbena da noite do 24, que comezará ás 0:00.
    A súa variada instrumentación permítelles interpretar una ampla gama de temas e estilos. Durante a longa historia de Alma Latina teñen actuado en todo tipo de eventos, chegando incluso a participar en exitosos programas televisivos como "Luar", da Televisión de Galicia. As melodías de baile con temas de sempre e de actualidade, están garantidos.
   Para nós e unha honra e un pracer que un cervense, como Alberto Viamonte, esteña tocando para todos os romeiros e romeiras. Todos eses instrumentos de vento que saen do seu alento, soarán con forza na paraxe de Sargadelos. Vermut, verbena e festa garantida para o 24 de xullo.....como non...con ALMA LATINA.




jueves, 27 de junio de 2013

VOLVE A ROMERÍA!!!!....24 e 25 de XULLO!!!!!!

    Un ano máis, e por quinto ano consecutivo, a A.C.R. FERVENZA DE SARGADELOS, será a encarga de organizar a Romeria de Sargadelos 2013. Corrían rumores de que non ía haber festa por mor da maldita crise, pero a xunventude cervense non podía permitir que iso ocurrise, e seguimos adiante con este fermoso proxecto que naceu no 2009.

   A Romería celebrarase os días 24 e 25 de xullo celebrando o Santiago Apóstol. Novamente dita festa virá cargada  de actividades lúdicas, musicais e por suposto gastronómicas. Nos vindeiros días comezaremos a publicar polo miúdo toda a programación.
    De antemán queremos agradecer dende este humilde recuncho, toda esa axuda humana e desinteresada da xente de Cervo e arredores, así como ao EXCMO. Concello de Cervo e empresas do municipio pola súa axuda.
    Esperemos que sexa unha bonita Romería, onde a música o viño e o bo xantar sexa o protagonista.....QUEDAN 27 DÍAS!!!