lunes, 20 de junio de 2011

CLAN MARAGATO no III FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN, sábado 23 de xullo

Clan Maragato é un proxecto musical nacido no outono de 2003 en San Cibrao, froito das inquedanzas musicais dos seus compoñentes. Dende os comezos, o obxectivo principal da agrupación foi facer música folk desenfada e festeira.
A maioría dos compoñentes do Clan Maragato proveñen da canteira do Grupo Folclórico Mistura, pero tamén hai membros procedentes de outras asociacións como Airiños do Xunco. A formación destes músicos é predominantemente autodidacta, aínda que algúns deles teñen estudios de música clásica e jazz.
Algunhas das actuacións máis importantes do grupo foron na Carballeira de Zas´10, Arroutada´09, Festival de Pardiñas´08, Festival Irmandiño de Moeche´07. Ademáis, actuaron en numerosos locais de concertos de toda Galicia como o Clavicémbalo (Lugo), Sala Garufa (A Coruña), Pub Fardela (Vilalba), O Muíño (Cervo), e moitos outros.

Clan Maragato son:


• Chus: Pandeireta e voz.
• Ricardo: Percusións e gaita galega.
• Jacobo: Baixo eléctrico.
• Julián: Acordión, flautas e gaita.
• Rodrigo: Acordión, flautas e gaita.
• Carlos: Guitarra eléctrica.
• David: Percusións e gaita.


No hay comentarios: