miércoles, 30 de junio de 2010

SACHA NA HORTA, COMPLETA O CARTEL DO SARGADELOS FUSIÓN 2010

O grupo santiagués SACHA NA HORTA , completa o excelente cartel do festival Sargadelos Fusión 2010. Dita banda actuará en segundo lugar, xusto despois da outra banda santiaguesa Ataque Escampe.
Sacha na Horta é un grupo de mulleres que naceu unha noite de fista entre as hortas de Compostela. Embriagadas pola música e o alcol deciden probar os efectos fertilizantes do licor café e das mellores sementes agromaron os repolos máis extraordinários que deu a terra. E Como a noite é moi longa presentáronse ó A Polo Ghit 2007 e, como aa vida é sorprendente, ... gañaron. Volta a collelo sacho!

Estréanse en xaneiro de 2008 no Centro Social A Gentalha do Pichel de Compostela. O seguinte concerto sería na Habana (Cuba).

A partir deahí, sempre dobrando a espalda sin deixar de bailar, o “agro-punk mestizo” das sachadoras non deixará de soar porque...SI AS MULLERES PARAN, O MUNDO PARA!!

PARA MÁIS INFORMACIÓN EN: www.myspace.com/sachanahorta

No hay comentarios: