lunes, 28 de junio de 2010

O VENRES 23 de xullo ATAQUE ESCAMPE ABRIRÁ O II SARGADELOS FUSIÓN

A banda santiaguesa ATAQUE ESCAMPE, será a encargada de abrir o II FESTIVAL MUSICAL SARGADELOS FUSIÓN. Será o venres 23 de xullo a partir das 22:30 da noite.

E como din eles.....As Ataque Escampe gostamos de nos definir como rock de serie B porque partindo dunha instrumentación sinxela ofrecemos unha proposta musical que trata de ser sólida e autónoma, encadrábel nunha traxectoria antivirtuosa practicamente inédita na Galiza, na xenealoxía que se podería trazar desde Neil Young até Violent Femmes pasando por Jonathan Richman, estendendo estraños tentáculos que rozasen, por exemplo, a Xil Ríos. O rock de serie B é un xeito de entender a música que abrangue un inxente abano de xéneros, dende o bolero ao punk, pasando polo valse, o tango, a canción popular galega, o pop electrónico, o country ou a rumba. O funcionamento como grupo sen destacar autorías, o emprego do galego como única lingua e a reciclaxe de músicas malditas completan a nosa filosofía: o "do it yourself" máis brutal, poético e desvergonzado que poida caber nun formato

Para máis información o seu myspace: www.myspace.com/ataquescampe

No hay comentarios: