domingo, 20 de julio de 2014

A RODA de volta en Sargadelos. Xoves 25 xullo ás 22:45

   Hai quen di que se A Roda non nacera habería que inventala...O grupo A Roda nace como tal en 1977, pois xa houbo intentos anteriores, unha historia nunca contada... A Roda é un grupo de amigos, coñecidos, espontáneos, dun "eu pasaba por alí"... que se reunían a cantar arredor dunha mesa redonda, metonimia da roda, e metáfora do que anos atrás, moitos anos atrás inventou o Rei Artur e os seus cabaleiros.
 Despois de catro anos, e de que por aquel xullo de 2010 o Grupo A RODA. co eterno vocalista Fito, en vida, nos fixese vibrar coa súa música e as súas cancións, están de volta. Con diferentes cambios na súa formación e presentando novo disco "Outra Volta de Roda", ofreceránnos outro concerto que seguramente será apoteósico. Será o próximo venres 25 de xullo a partires das 22:45
   Como din eles " Depois de moitos anos de bagaxe quixemos voltar á fonte limpa, revisamos o pasado para escribir o futuro, dende unha nova óptica, este disco é produto das nosas inquedanzas, de novas experiencias, da madurez. Cada un de nós é parte do carro e fai que sone de novo o eixo, seguido dun miudiño son de inveteradas borracheiras, o betoque que suxeita a lamia, que suxeita a roda, que suxeita o carro..". Así comeza a nova andaina deste eterno e mítico grupo do panorama folk-tradicional galego. E dito disco "Outra Volta de Roda” é ademais unha homenaxe a toda a xente que pasou pola nosa formación, é a lembranza de Fito, un disco na memoria do eixo d’a Roda.
     Porque a A.C.R. Fervenza de Sargadelos segue apostando pola música popoular galega. E por sexto ano cosecutivo ao fronte da Romeria de Sargadelos, Pretendemos que todos os romeir@s bailen, disfruten, canten os temas de sempre como "o gato", "pousa pousa" etc. XA HAI PLAN PARA O 25

+INFO: http://www.grupoaroda.es/


No hay comentarios: