lunes, 15 de julio de 2013

NANDO BLAS PURIFICARANOS COA SÚA QUEIMADA O DÍA 24 ÁS 12 DA NOITE

   Esta Romería de Sargadelos 2013 vén cargada de actividades culturais, musicais e por suposto gastronómica. O mércores 24 de xullo a iso das 12 da noite, e xusto despois do concerto da Requinta da Laxeira, o Queimador Maior de Galicia, o cervense Nando Blas, faranos unha queimada con ritual incluído en pleno campo da festa.
     Un ano máis, Sargadelos será purificado polo seu queimador maior, entrando polas nosas gorxas esa brebaxe sabrosa que tanto nos gusta. Por un momento, a Romería apagará as súas luces para que Nando alente aos os romeiros e romeiras co seu...."Lume lumiña que verde camiña, da fraga lareira, faise lumieira...", música, festa, lume e queimada, cobrarán protagonismo a noite do 24 de xullo.
    Despois do ritual, repartiranse vasiños de queimada por toda a festa de forma gratuita. A continuación dará comezo a verbena a cargo de Alma Latina.

No hay comentarios: