martes, 5 de junio de 2012

THE BROSAS, o 24 de xullo no IV FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN

  O martes 24 de xullo comeza a tradicional Romería de Sargadelos. Isto é sinal do comezo dunha nova edición do Festival musical SARGADELOS FUSIÓN, que xa vai pola súa cuarta edición, e con máis tirón cada ano que pasa. Este ano, novamente contamos con catro bandas, todas elas galegas que nos deleitarán co seu directo durante cinco horas na inugualabre paraxe de Sargadelos.

   Unha das bandas son os burelaos THE BROSAS. Refinados coma unha faca de Taramundi, depurados coma un tomahawk indio, sutís coma o machete que lles dá nome: The Brosas son una banda de Burela composta por  Lorenzo (baixo), Bernardo (guitarra e voz) , Rubén (guitarra) e Gara (bateria). O seu son as cancións contundentes, directas, clariñas e concisas: boogie rock desquiciado, furia redneck e ferro a fondo ata que parta o pistón. O seu primer traballo, gravouse nos estudios Bonham da Coruña, e contén sete cancións veloces e sinceras.

Aquí vai un dos seus temas, que ruxirá na Romeria 2012. Martes 24 de xullo


http://www.myspace.com/thebrosas



No hay comentarios: