Anunciamos que na noite do 24, e durante o IV FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN sortearemos dúas entradas para o concerto de EXTREMODURO en Coruña (27 de outubro). A A.C.R. Fervenza de Sargadelos venderá rifas a 1 €, tanto no posto de venta como polo campo da festa, dende a tarde ata momentos antes do sorteo. Dito sorteo celebrarase cando remate a actuación de Medomedá, a iso das dúas da madrugada. Moita sorte!!!!!!!!.......Viva a Romería!!!!!
domingo, 22 de julio de 2012
lunes, 9 de julio de 2012
PANCETADA E CHORIZADA para o MÉRCORES 25
Un ano máis a gastronomía tipicamente galega non pode faltar na Romería de Sargadelos. E dentro do programa de festexos que a A.C.R. Fervenza de Sargdelos organiza, o mércores 25 de xullo, e día do Santiago Apóstol, haberá panceteda e chorizada para todos os romeiros e romeiras. Será a partires das 20:00 nos antigos fornos do conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos.
A Asociación, repartirá racións de panceta e chourizo, acompañado de pan, a un módico prezo de 4 €.
Xusto despois do evento gastronómico, arredor das 21:45 da noite, dará comezo o esperado concerto de TREIXADURA, para seguir posteriormente con queimada gratuita para os asistentes, e rematar con verbena a cargo do Grupo Vivarium. No Sargadelos tanto o bo xantar, a gastronomía, a música a pé de festa, queimada e verbena, sempre van collidos da man.
VIVA A ROMERÍA E VIVA O SARDADELOS.
lunes, 2 de julio de 2012
TREIXADURA EN CONCERTO o 25 de xullo na Romería.
Como cada ano que a A.C.R. Fervenza de Sargadelos leva organizando a Romería de Sargadelos, un día dos festexos é sinónimo de concerto de música galega, xa sexa folk, ou tradicional galego. E despois de que pasaran grupos da talla de A Quenlla, A Roda ou Berrogüetto, este ano, concretamente o 25 de xullo, estará TREIXADURA. O concerto será a partires das 22:00 da noite.
TREIXADURA é sinónimo de música tradicional, ritmos, cantigas e instrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías
máis populares coma nas festas e eventos urbanos, co obxectivo de que
o público goce bailando, cantando e escoitando música de seu. 15 músicos que proveñen de propostas musicais variadas e teñen en
común o gusto e o respecto pola música tradicional, motivo abondo para que hoxe representen e dignifiquen este proxecto.
A idea inicial, os primeiros anos, os concertos, as marchas e as novas incorporacións, os discos, o momento actual, o pasado e o presente de dúas décadas de música galega
común o gusto e o respecto pola música tradicional, motivo abondo para que hoxe representen e dignifiquen este proxecto.
A idea inicial, os primeiros anos, os concertos, as marchas e as novas incorporacións, os discos, o momento actual, o pasado e o presente de dúas décadas de música galega
+info: http://www.treixadura.com
jueves, 28 de junio de 2012
miércoles, 20 de junio de 2012
MEDOMEDÁ NO IV SARGADELOS FUSIÓN
Dende Teo e liderados por Marquinhos Drinkin, aquí chega (ou mellor dito, volve, e foise saíndo a ombros) o último eslabón da mellor estirpe de bandas de rock clásico galegas. Descarados, retranqueiros... Capaces de facer rir cunha versión desternillante e de asombrar cun solo de guitarra. Defínense como unha mestura de rock e comedia. No peto caben temas propios, e (per)versións da BSO de Titanic, de Queen, de Maná. Todas cunha absoluta falta de respecto. Queren ver como te ris. E son practicantes ocasionais , pero coidado, que se te descuidas, un polvo botábancho. Avisad@ estás.
+ info: http://www.myspace.com/medomeda
lunes, 18 de junio de 2012
VOLVEN OS RECAMBIOS TUCHO ao IV FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN. Martes 24 de xullo.
Simplemente así se definen estes fenómenos: "RECAMBIOS TUCHO regurjjita da boca do que fòra creador e ideòlogo dos . .finadiños?...HEREDEIROS DA CRUS; TUCHO, busca dàrlle a volta de parafuso (para fuso TÙ,guapo)
os grandes clàsicos do rock dos 70(tentando desmerecelos na sua xusta
medida) co desparafusador (desparafusa que??) retranqueiro do noso Tucho
TUMBABRAJAS.
.. Sen màis Retranca vergonzante i acusadora
¡señora! a uste me remito sen mais demora
que RECAMBIOS TUCHO està de volta
con enerxia renovada i demoledora
mail de contacto"
Este grupazo, volverá a estar con nós, no Festival Sargadelos fusión, despois de que no ano 2010 debutaran en terras sargadelinas. Serán os terceiros en aparecer en escea nesta cuarta edición se do Fusión. Será unha gran festa. SEGURO. Vivan os RECAMBIOS!!!
COMPOÑENTES:
Jitarras: Os Retuchos ( Tuchiño e Tucho o Furón)
Baixista ou brajista: Pablo Laranxo
Batería: Alvaro de Camariñas
O que canta: Tama
Jitarras: Os Retuchos ( Tuchiño e Tucho o Furón)
Baixista ou brajista: Pablo Laranxo
Batería: Alvaro de Camariñas
O que canta: Tama
+ INFO: http://www.myspace.com/recambiostucho
martes, 12 de junio de 2012
LOS ETERNOS abrirán o SARGADELOS FUSIÓN, martes 24 de xullo.
O camiño entre Nashville e Austin faI escala en Galicia. Ás grandes
capitais da música vaqueira norteamericana saiulles competencia
dende Cedeira, donde os compoñentes de "Los Eternos" facturan un
«country rock» tan convincente que o selo Warner Music editoulles no mercado internacional o seu primer cedé, Back on The Road.
Formados no 2003, Los Eternos é unha das
formacións habituais no circuito galego de locais de música en
directo, no que ofrecen uns 30 ou 40 conciertos ao ano. Nestes seis anos, o grupo coñeceu diferentes
membros e foron evolucionando dende un rock and roll de corte
clásico, pasando por un son máis potente y setentero, ata o seu actual
son country rock seguindo as preferencias do público.
Este fenomenal grupo de Cedeira seráo encargado de abrir o IV FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN o martes 24 de xullo.
+ INFO: http://www.myspace.com/loseternos
martes, 5 de junio de 2012
THE BROSAS, o 24 de xullo no IV FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN
O martes 24 de xullo comeza a tradicional Romería de Sargadelos. Isto é sinal do comezo dunha nova edición do Festival musical SARGADELOS FUSIÓN, que xa vai pola súa cuarta edición, e con máis tirón cada ano que pasa. Este ano, novamente contamos con catro bandas, todas elas galegas que nos deleitarán co seu directo durante cinco horas na inugualabre paraxe de Sargadelos.
Unha das bandas son os burelaos THE BROSAS. Refinados coma unha faca de Taramundi, depurados coma un tomahawk indio,
sutís coma o machete que lles dá nome: The Brosas son una banda de
Burela composta por Lorenzo (baixo), Bernardo (guitarra e voz) , Rubén
(guitarra) e Gara (bateria). O seu son as cancións contundentes,
directas, clariñas e concisas: boogie rock desquiciado, furia redneck e
ferro a fondo ata que parta o pistón. O seu primer traballo, gravouse
nos estudios Bonham da Coruña, e contén sete cancións veloces e
sinceras.
Aquí vai un dos seus temas, que ruxirá na Romeria 2012. Martes 24 de xullo
http://www.myspace.com/thebrosas
lunes, 23 de abril de 2012
IV FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN, martes 24 de xullo ás 23:00 h..

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos será a encargada de organizalo festival, que ao mesmo tempo vai encadrado dentro da programación cultural da Romería de Sargadelos que se celebrará os días 24 e 25 de xullo do presente ano na paraxe histórica-cultural de Sargadelos. Destacar tamén, que por cuarto ano consecutivo, Mas Db´s Sonido Profesional encaragarase do equipo de luz e son, e así darlle un toque de maxia e calidade a dito festival, que estará composto por catro bandas de diferentes puntos da xeografía galega.
Podemos adiantar que os burelenses THE BROSAS e LOS ETERNOS de Cedeira, están oficialmente confirmados. Nos próximos días confirmaremos as dúas bandas restantes que completan o cartel. Queridos romeir@s quedan 90 días e baixando. Seguiremos informando.
viernes, 24 de febrero de 2012
ROMERÍA DE SARGADELOS 2012
En breve iremos informando e adiantando as novas correspondentes á Romería de Sargadelos 2012, que se celebrará os días 24 e 25 de xullo.....ATENTOS!!!!!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)