jueves, 4 de junio de 2009

QUEIMADA con... Xosé Vicente Mon o sábado 25 de xullo en Sargadelos

O día 25 de xullo, despois do concerto do histórico grupo A Quenlla, poderedes degustar gratis unha saborosa queimada; o correspondente conxuro correrá a cargo do mestre queimador cervense Xosé Vicente Mon Canoura. Outro aliciente máis para que vos acheguedes á Romería o día de Galicia. Unha brevaxe para exteriorizar todos eses malos espíritos que levamos dentro de nós. O bruxo pregonará o esconxuro xusto ó rematar o concerto de A Quenlla, e repartirarase litros e litros de augardente totalmente gratuita.
Aquí tedes o link da web do queimador cervense Xosé Vicente Mon:

No hay comentarios: