
Mallory fórmase no ano 1990 aproximadamente cos mesmos catro compoñentes que actualmente o forman (Fran García, voz, guitarra e gaita; Armando Da Veiga, guitarra e coros; Rober Martínez, batería e coros; Fillo, baixo e coros.)Tras varios anos de dedicación a ensaios e concertos pola zona consiguen un contrato discográfico coa compañía madrileña Avispa Music, coa que editan os seus dous discos titulados "Mallory" no ano 2000 e "Baskerville" no 2002. Entre os anos 2005 e 2008, ante o forzado parón debido ao pouco movemento da industria discográfica, e para conmemorar o vinte aniversario da morte de Phil Lynott embárcanse nunha nova aventura musical facendo unha homenaxe aos seus idolatrados Thin Lizzy, versioneando os seus temas e volvendo aos escenarios. Na actualidade, coas pilas recargadas, estan dispostos a sair de novo aos escenariospara mostrar ao público o que mellor saben facer: ¡¡rock n´roll!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario