
A A.C.R. Fervenza de Sargadelos será a encargada de organizalo festival, que ao mesmo tempo vai encadrado dentro da programación cultural da Romería de Sargadelos que se celebrará os días 24 e 25 de xullo do presente ano na paraxe histórica-cultural de Sargadelos. Destacar tamén, que por cuarto ano consecutivo, Mas Db´s Sonido Profesional encaragarase do equipo de luz e son, e así darlle un toque de maxia e calidade a dito festival, que estará composto por catro bandas de diferentes puntos da xeografía galega.
Podemos adiantar que os burelenses THE BROSAS e LOS ETERNOS de Cedeira, están oficialmente confirmados. Nos próximos días confirmaremos as dúas bandas restantes que completan o cartel. Queridos romeir@s quedan 90 días e baixando. Seguiremos informando.