miércoles, 8 de julio de 2015

viernes, 5 de diciembre de 2014

VII NOITEBOA INFANTIL

Un ano máis, e por séptimo ano consecutivo, a A.C.R. Fervenza de Sargadelos quere estar preto dos máis pequenos da casa. E de que mellor maneira que na tarde do 24 de decembro. Será o mércores 24 de decembro no Pavillón de Cervo, a partir das 17:00
   Como xa é habitual, a programación de actividades vén cargada, e coa novidade deste ano de "pintura de caras" para todos os nen@s que o desexen. Xa que a monitora de Tempo Libre, a cervense Rocío Cabaleiro será a encargada de poñerlle unha imaxe pintoresca nesta edición.
17:00 Recepción de tod@s os neno@s.
17:30 Hinchables
18:00 Chocolatada
18:30 Contacontos a cargo de "O CAXOTO CATIVO"
19:15 Visita de Papá Noel
20:30 Sorteo de 5 kg de marisco na POusada "O Almacén"

ORGANIZA: A.C.R. Fervenza de Sargadelos
COLABORA: EXCMO. Concello de Cervo

domingo, 20 de julio de 2014

A RODA de volta en Sargadelos. Xoves 25 xullo ás 22:45

   Hai quen di que se A Roda non nacera habería que inventala...O grupo A Roda nace como tal en 1977, pois xa houbo intentos anteriores, unha historia nunca contada... A Roda é un grupo de amigos, coñecidos, espontáneos, dun "eu pasaba por alí"... que se reunían a cantar arredor dunha mesa redonda, metonimia da roda, e metáfora do que anos atrás, moitos anos atrás inventou o Rei Artur e os seus cabaleiros.
 Despois de catro anos, e de que por aquel xullo de 2010 o Grupo A RODA. co eterno vocalista Fito, en vida, nos fixese vibrar coa súa música e as súas cancións, están de volta. Con diferentes cambios na súa formación e presentando novo disco "Outra Volta de Roda", ofreceránnos outro concerto que seguramente será apoteósico. Será o próximo venres 25 de xullo a partires das 22:45
   Como din eles " Depois de moitos anos de bagaxe quixemos voltar á fonte limpa, revisamos o pasado para escribir o futuro, dende unha nova óptica, este disco é produto das nosas inquedanzas, de novas experiencias, da madurez. Cada un de nós é parte do carro e fai que sone de novo o eixo, seguido dun miudiño son de inveteradas borracheiras, o betoque que suxeita a lamia, que suxeita a roda, que suxeita o carro..". Así comeza a nova andaina deste eterno e mítico grupo do panorama folk-tradicional galego. E dito disco "Outra Volta de Roda” é ademais unha homenaxe a toda a xente que pasou pola nosa formación, é a lembranza de Fito, un disco na memoria do eixo d’a Roda.
     Porque a A.C.R. Fervenza de Sargadelos segue apostando pola música popoular galega. E por sexto ano cosecutivo ao fronte da Romeria de Sargadelos, Pretendemos que todos os romeir@s bailen, disfruten, canten os temas de sempre como "o gato", "pousa pousa" etc. XA HAI PLAN PARA O 25

+INFO: http://www.grupoaroda.es/


lunes, 14 de julio de 2014

ATAQUE ESCAMPE o 24 de xullo

As ATAQUE ESCAMPE volven a Sargadelos. O 24 de xullo a iso das 23:00, comezará o concerto do grupo santiagués. Un grupo formado no ambiente universitario da cidade de Santiago de Compostela por rapaces de diferentes zonas do país contra o remate do ano 2001. Nese momento os seus seis membros, Samuel, Pablo, Álex, Dani, Miguel e Roi, comezan a ensaiar de xeito irregular na residencia universitaria do Monte da Condesa, ademais de gravar con pésimos medios (por exemplo, casse...tte) temas de corte folk-rock (o laúde e o violín aparecían ao lado da guitarra eléctrica) que a nivel letrístico unen o experimentalismo con elementos de temática bravú.
      As Ataque Escampe escriben cancións con salsa agridoce. Producen músicas tristes para escenarios con cortina vermella, reverbs torturados e himnos á derrota, pero tamén rock’n'roll para desabrochar as camisas, soul hilarante e, por que non, ruído. Textos amargos que manchan as mans con algo que chamaremos optimismo e a estraña melancolía dun crooner extraterrestre. Arrástranse desde 2001 polos escenarios, electrificándose de a pouco conforme pasan os anos, mudando de formación e deixando constancia do seu paso pola Terra en formato disco: Galicia es una mierda (2008), A grande evasión (2009), Violentos anos dez (2011), Noites de agosto con Ataque Escampe (2012) ou O disco vermello (2014), entre outros. Do pop ao soul con paradas no krautrock, na cumbia, no dub, no rap, no calipso e onte vostedes queiran se non lles preocupan demasiado a pureza e esas cousas. Perdedores, perdedoras: deixen as miserias na casa e veñan bailar a súa música sen complexos ao campo da festa de α Centauro.

+INFO: http://www.ataqueescampe.org/

viernes, 27 de junio de 2014

ALMA LATINA O 24 DE XULLO EN SARGADELOS

   O grupo musical cervense ALMA LATINA, volverá á Romería de Sargadelos 2014. Será o xoves 24 de xullo na paraxe histórico-artística de Sargadelos. Comezarán cunha sesion vermut ás 14:00, para posteriormente seguir coa verbena de denoite a partir das 0:00, xusto despois do concerto de Ataque Escampe.
  Todos os romeir@s volverán a bailar, cantar  disfrutar con este grupo de musicazos. Deleitarannos con cancións de onte e de hoxe.
   Alma Latina Ameniza festas populares, vodas, ceas e todo tipo de celebracións lúdicas, interpretando melodías de baile con temas de sempre e de actualidade. Abarcan música cantada e instrumental para todo tipo de público e idades. 
  Durante a xa longa historia de Alma Latina teñen actuado en todo tipo de eventos, chegando incluso a participar en exitosos programas televisivos como "Luar", da Televisión de Galicia. A tradicional verbena galega sempre á orde do día na Romería de Sargadelos
 
+info: http://www.grupoalmalatina.com/

viernes, 31 de enero de 2014

6 ANOS DE HISTORIA (por Ramón González)



Para a xuventude de Cervo, para moita xente de Cervo, o Santiago de Sargadelos é unha festa tan nosa coma o San Roque -patrón do pobo- ou a Queimada Popular. Como vivimos nesas datas algúns dos momentos máis divertidos e pracenteiros das nosas vidas, uns cantos mozos e mozas xuntámonos alá por 2008 no Caseto de Copa para tratar de reflotar unha romaría que estaba perdendo interese. Contabamos tamén no grupo con algúns nativos, coma Sandra, o que non quitou que houbese quen nos vacilase por organizar os festexos da parroquia veciña... E aí seguimos.

Así surxiu Fervenza de Sargadelos, unha asociación que naceu entre a ilusión de facer cousas e o medo a non dar pagado as facturas (ollo, esa segue sendo unha preocupación prioritaria). Case todos eramos principiantes na organización de eventos e o que máis controlaba era Chopi, que fora músico de orquestra e entre café e café que nos servía aportaba o pouco coñecemento que tiñamos. E falabamos de facer un festival de rock, coma había anos atrás, e traer aos míticos Mallory, ou que A Quenlla ou A Roda viñesen tocar algún día. E falabamos de recuperar os xantares do 25 de xullo, e na medida do posible as acampadas. Desde logo, o entorno das antigas fábricas non podía ser un aliciente máis grande.

Xuntanza tras xuntanza foron saíndo as ideas para financiar a romaría: a Noiteboa Infantil, por exemplo. O primeiro ano case deu perdas -en ningún caso dramáticas- pero os nenos estaban felices, e cos anos foi consolidándose coa axuda de xente coma Felipe “O Caxoto” ou Piru. Hoxe xa é unha pequeniña fonte de ingresos, e ó tempo unha das actividades que máis nos gusta facer. Como a gastronomía é un valor seguro, apostamos tamén pola Festa da Fabada, para a que nos apoiu especialmente a xente do Almacén. Pero home precavido vale por dous, aprendímolo tarde, e na primeira edición quedamos axiña sen existencias. Debía ser divertido (para quen tivese comido) ver as nosas caras rebuscando nas potas baleiras mentres máis e máis xente chegaba a mercar unha ración. Co tempo, fomos mellorando. E vendendo as nosas camisetas, vendendo lotaría, e coa axuda económica dos veciños e das empresas, sen esquecer o apoio das institucións (Concello e Deputación) a cousa colleu forma.

A primeira edición que organizamos, a do 2009, foi inolvidable. Foi a do primeiro Sargadelos Fusión con Snatch, Bytheface, Mallory -por suposto- e O Leo, que deu probablemente un dos concertos máis breves da súa vida. Más Dbs no control de son. A noite seguinte tocou A Quenlla, e a xente bailou coa “Rumboia” e algúns dos máis novos flipamos con “Ter ou ser”. Non eramos tantos, pero tampouco tan poucos, e en calquera caso elixidos. Estivo moi ben. Ah. E a xente baixou o Xunco en colchonetas, coma sempre se fixo.

Para o 2010 redobramos a aposta. As Ataque Escampe deron un concertazo no Fusión para despois meter o Focus nun furado do campo, e cando os sete ou oito que alí estabamos xa pensabamos en chamar á grúa viñeron un tipo de Espiñerido e outro de Viladesuso a sacar o coche sen ningún problema. Aquel ano tamén actuaron Sacha na Horta, Mallory e Recambios Tucho, “premio do público”. A Roda, co inolvidable Fito no mando das operacións, fixo que houbese na festa tanta xente bailando e cantando como nos nosos mellores soños.

O 2011 foi o ano de Berrogüetto, aquel ano no que o campo da festa estaba cheo e case non coñeciamos a ninguén (unha sensación extraña e marabillosa). Ao final, coñecidos e menos coñecidos acabamos montando un baile entre expertos e absolutos negados (roda!!!) no que case temos que dar un parte de feridos. Tamén foi o ano no que a xente botou un pé coa Requinta da Laxeira durante a festa gastronómica, algo que (iso si) non chegamos a soñar nunca: que a música se impuxese (momentaneamente) á panceta. Os nosos habituais colaboradores nas brasas, sempre fieis, puideron tomar un respiro. E foi o Sargadelos Fusión -o terceiro- no que os Medomedá rebentaron a gargalladas ao público. Naquela edición tamén estiveron con nós Clan Maragato, Remakers e Falperrys.

No 2012, a chuvia desluciu (pero só un pouco) a emocionante actuación de Treixadura. Para o Fusión recurrimos a vellos amigos como Medomedá e Recambios Tucho, ademais de Los Eternos (“que bos son estes tíos”, escoitábase por alí) e The Brosas, que pecharon o festi a ritmo de (como diría Rubén) macarrada fina.

Na edición de 2013 só houbo festa un día, no que tocaron A Requinta da Laxeira, pois suspendimos os actos polo accidente de tren de Angrois.

Durante estes anos tamén puxeron a bailar á tropa toda os dúos, tríos, grupos e orquestras que contratamos: Acuarela, Chingla & Salva, Samil, Fusión, Vivarium, Costa do Mar, Alma Latina e EpoK.

Pero sobre todo, quen máis contribuiu a animar o cotarro fóstedes vós, que viñestedes a facer grande a festa e divertirvos. Por iso dámosvos as gracias e agardamos vervos no campo, outro ano máis, en 2014.

lunes, 23 de diciembre de 2013

VI NOITEBOA INFANTIL

    Estamos en nadal, e a A.C.R. Fervenza de Sargadelos métese de cheo na programación de actividades para os máis pequenos da casa. O martes 24, a partir das 17:00 organizamos no Pavillón de Cervo, a VI NOITEBOA INFANTIL. Unha tarde para que os nenos e nenas disfruten durante toda a tarde xogando, rindo, comendo, escoitando....e sobre todo....que terán a oportunidade de pedirlle os seus regalos ao gran protagonista de dito día, Papa Noel.
    A programación comeza ás 17:00 coa recepeción de todos os nen@s para posteriormente proseguir coas seguintes actividades:

- HINCHABLES
- CHOCOLATADA
- CONTACONTOS a cargo de Felipe "O CAXOTO KATIVO"
- VISITA DE PAPÁ NOEL

As nais e pais preparan a cea para a noite, e os nenos XOGAN!!!

ANÍMATE!!!!!!

ORGANIZA: A.C.R. FERVENZA DE SARGADELOS
COLABORA: EXCMO. CONCELLO DE CERVO

lunes, 22 de julio de 2013

PROGRAMACIÓN DA ROMERÍA 2013

MÉRCORES 24

12:00 LANZAMENTO DE BOMBAS DE PALENQUE, COMEZA A ROMERIA 2013
14:00 SESIÓN VERMOUTH CON ALMA LATINA
15:00 XANTAR DE ROMERÍA
20:00 PANCETADA E CHOURIZADA
22:30 CONCERTO DE “A REQUINTA DA LAXEIRA”
0:00 QUEIMADA GRATUITA (Acargo de Nando Blas)
0:15 VERBENA CON ALMA LATINA
3:00 SESIÓN DJS
…………………………………………………………………………
XOVES 25 SANTIAGO APÓSTOL

12:00 LANZAMENTO DE BOMBAS DE PALENQUE
13:00 MISA SOLEMNE CANTADA POLO CORO PARROQUIAL DE CERVO
13:30 PROCESIÓN A CARGO DO GRUPO DE GAITAS AIRIÑOS DO XUNCO
14:00 SESIÓN VERMOUTH CO DÚO EPO-K
15:00 XANTAR DE ROMERÍA
22:00 VERBENA CO DÚO EPO-K

ZONA DE ACAMPADA GRATIS!!!!

RESERVA DE MESAS: 651128313 e 620145038

ORGANIZA: a.c.r. fervenza de sargadelos
COLABORA: EXCMO CONCELLO DE CERVO
EXCMA. DEPUTACIÓN DE LUGO

sábado, 20 de julio de 2013

PRESENTACIÓN DA ROMERIA DE SARGADELOS 2013

   Na tarde de onte (venres), presentouse na Casa da Cultura de San Cibrao, unha nova edición da Romería de Sargadelos 2013 que se celebrará na paraxe de Sargadelos os días 24 e 25 de xullo. 
   A A.C.R. Fervenza de Sargadelos organiza por quinto ano consecutivo dito evento, e invita a toda a xente do concello e demais lugares a vir ó Conxunto Hostórico Artístico de Sargadelos para disfrutar da boa música e do bo xantar.
    Na presentación estaban presentes Ramiro Chaves (Vicepresidente da ACR Fervenza de Sargadelos), Sandra Duarte (Directiva da ACR Fervenza de Sargadelos), Begoña Alonso (Concellala de Cultura do Concello de Cervo), Alfonso Villares (Alcalde do Concello de Cervo) e Xosé Fernández (Presidente da ACR Fervenza de Sargadelos).
   Destacar que neste ano, a zona de acampada será totalmente GRATUITA, e as mesas do merendoiro reservaranse nos teléfonos 651128313 e 620145038. Dous días de romería no mellor lugar........SARGADELOS.

jueves, 18 de julio de 2013

A REQUINTA DA LAXEIRA EN CONCERTO A NOITE DO 24 DE XULLO

A Requinta da Laxeira é un grupo da zona da Ulla adicado á recuperación do instrumento da requinta, típico da zona. Son un grupo de rapaces e rapazas que destacan pola súa música alegre e enérxica, que lles valeu para gañar o Concurso de Cantos de Taberna de Melide, ou para realizar actuacións tanto en distintos lugares de Galicia como en cidades como Frankfurt ou Bilbao. 
   Tamén gran parte do seu repertorio componse de "música de requinta" (recollida ós vellos requinteiros). Como din eles, nos concertos tratan de "pasalo ben, cantar, bailar, sorrir"......o cal son a escusa perfecta para estes eventos.
   VAI DE BARANDA é o primeiro disco de A Requinta da Laxeira. É froito dunha gravación realizada en directo nos Estudos Mans da Coruña o 21 de decembro de 2009 no marco do programa Outra+outra.Neste ano acaban de sacar o seu segundo disco MAISE

Animarán a festa a modo de concerto o mércores 24 de xullo a partir das 22:15 da noite.

+info: www.arequintadalaxeira.com


lunes, 15 de julio de 2013

NANDO BLAS PURIFICARANOS COA SÚA QUEIMADA O DÍA 24 ÁS 12 DA NOITE

   Esta Romería de Sargadelos 2013 vén cargada de actividades culturais, musicais e por suposto gastronómica. O mércores 24 de xullo a iso das 12 da noite, e xusto despois do concerto da Requinta da Laxeira, o Queimador Maior de Galicia, o cervense Nando Blas, faranos unha queimada con ritual incluído en pleno campo da festa.
     Un ano máis, Sargadelos será purificado polo seu queimador maior, entrando polas nosas gorxas esa brebaxe sabrosa que tanto nos gusta. Por un momento, a Romería apagará as súas luces para que Nando alente aos os romeiros e romeiras co seu...."Lume lumiña que verde camiña, da fraga lareira, faise lumieira...", música, festa, lume e queimada, cobrarán protagonismo a noite do 24 de xullo.
    Despois do ritual, repartiranse vasiños de queimada por toda a festa de forma gratuita. A continuación dará comezo a verbena a cargo de Alma Latina.

miércoles, 10 de julio de 2013

PANCETADA E CHOURIZADA para o 24 DE XULLO

   Un ano máis a gastronomía tipicamente galega non pode faltar na Romería de Sargadelos. E dentro do programa de festexos que a A.C.R. Fervenza de Sargdelos organiza, o mércores 25 de xullo, e día do Santiago Apóstol, haberá panceteda e chorizada para todos os romeiros e romeiras. Será a partires das 20:00 nos antigos fornos do conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos.
   A Asociación, repartirá racións de panceta e chourizo, acompañado de pan, a un módico prezo de 4 €.
    Xusto despois do evento gastronómico, arredor das 22:00 da noite, dará comezo o esperado concerto da REQUINTA DA LAXEIRA, para seguir posteriormente con queimada gratuita para os asistentes, e rematar con verbena a cargo do Grupo ALMA LATINA. No Sargadelos tanto o bo xantar, a gastronomía, a música a pé de festa, queimada e verbena, sempre van collidos da man.

sábado, 29 de junio de 2013

ALMA LATINA, o 24 na ROMERÍA DE SARGADELOS

   COMEZAMOS!!!!.....O mércores 24 comeza a Romería, e quinto ano consecutivo organizada pola A.C.R. Fervenza de Sargadelos. E que mellor comezo que co grupo mariñán ALMA LATINA, que nos amenizará a sesión vermut sobre as 14:00 aproximadamente, e a posterior verbena da noite do 24, que comezará ás 0:00.
    A súa variada instrumentación permítelles interpretar una ampla gama de temas e estilos. Durante a longa historia de Alma Latina teñen actuado en todo tipo de eventos, chegando incluso a participar en exitosos programas televisivos como "Luar", da Televisión de Galicia. As melodías de baile con temas de sempre e de actualidade, están garantidos.
   Para nós e unha honra e un pracer que un cervense, como Alberto Viamonte, esteña tocando para todos os romeiros e romeiras. Todos eses instrumentos de vento que saen do seu alento, soarán con forza na paraxe de Sargadelos. Vermut, verbena e festa garantida para o 24 de xullo.....como non...con ALMA LATINA.




jueves, 27 de junio de 2013

VOLVE A ROMERÍA!!!!....24 e 25 de XULLO!!!!!!

    Un ano máis, e por quinto ano consecutivo, a A.C.R. FERVENZA DE SARGADELOS, será a encarga de organizar a Romeria de Sargadelos 2013. Corrían rumores de que non ía haber festa por mor da maldita crise, pero a xunventude cervense non podía permitir que iso ocurrise, e seguimos adiante con este fermoso proxecto que naceu no 2009.

   A Romería celebrarase os días 24 e 25 de xullo celebrando o Santiago Apóstol. Novamente dita festa virá cargada  de actividades lúdicas, musicais e por suposto gastronómicas. Nos vindeiros días comezaremos a publicar polo miúdo toda a programación.
    De antemán queremos agradecer dende este humilde recuncho, toda esa axuda humana e desinteresada da xente de Cervo e arredores, así como ao EXCMO. Concello de Cervo e empresas do municipio pola súa axuda.
    Esperemos que sexa unha bonita Romería, onde a música o viño e o bo xantar sexa o protagonista.....QUEDAN 27 DÍAS!!!

domingo, 22 de julio de 2012

SORTEO DE 2 ENTRADAS PARA EXTREMODURO en Coruña

Anunciamos que na noite do 24, e durante o IV FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN sortearemos dúas entradas para o concerto de EXTREMODURO en Coruña (27 de outubro). A A.C.R. Fervenza de Sargadelos venderá rifas a 1 €, tanto no posto de venta como polo campo da festa, dende a tarde ata momentos antes do sorteo. Dito sorteo celebrarase cando remate a actuación de Medomedá, a iso das dúas da madrugada. Moita sorte!!!!!!!!.......Viva a Romería!!!!!

lunes, 9 de julio de 2012

PANCETADA E CHORIZADA para o MÉRCORES 25

  Un ano máis a gastronomía tipicamente galega non pode faltar na Romería de Sargadelos. E dentro do programa de festexos que a A.C.R. Fervenza de Sargdelos organiza, o mércores 25 de xullo, e día do Santiago Apóstol, haberá panceteda e chorizada para todos os romeiros e romeiras. Será a partires das 20:00 nos antigos fornos do conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos.
   A Asociación, repartirá racións de panceta e chourizo, acompañado de pan, a un módico prezo de 4 €.
     Xusto despois do evento gastronómico, arredor das 21:45 da noite, dará comezo o esperado concerto de TREIXADURA, para seguir posteriormente con queimada gratuita para os asistentes, e rematar con verbena a cargo do Grupo Vivarium. No Sargadelos tanto o bo xantar, a gastronomía, a música a pé de festa, queimada e verbena, sempre van collidos da man.

VIVA A ROMERÍA E VIVA O SARDADELOS.

lunes, 2 de julio de 2012

TREIXADURA EN CONCERTO o 25 de xullo na Romería.

    Como cada ano que a A.C.R. Fervenza de Sargadelos leva organizando a Romería de Sargadelos, un día dos festexos é sinónimo de concerto de música galega, xa sexa folk, ou tradicional galego. E despois de que pasaran grupos da talla de A Quenlla, A Roda ou Berrogüetto, este ano, concretamente o 25 de xullo, estará TREIXADURA. O concerto será a partires das 22:00 da noite. 

TREIXADURA é sinónimo de música tradicional, ritmos, cantigas e  instrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías máis populares  coma nas festas e eventos urbanos, co obxectivo de que o público goce  bailando, cantando e escoitando música de seu. 15 músicos que proveñen de propostas musicais variadas e teñen en 
común o gusto e o respecto pola música tradicional, motivo abondo para  que hoxe representen e dignifiquen este proxecto.
    A idea inicial, os primeiros anos, os concertos, as marchas e as novas incorporacións, os discos, o momento actual, o pasado e o presente de dúas décadas de música galega

+info:  http://www.treixadura.com

miércoles, 20 de junio de 2012

MEDOMEDÁ NO IV SARGADELOS FUSIÓN

Dende Teo e liderados por Marquinhos Drinkin, aquí chega (ou mellor dito, volve, e foise saíndo a ombros) o último eslabón da mellor estirpe de bandas de rock clásico galegas. Descarados, retranqueiros... Capaces de facer rir cunha versión desternillante e de asombrar cun solo de guitarra. Defínense como unha mestura de rock e comedia. No peto caben temas propios, e (per)versións da BSO de Titanic, de Queen, de Maná. Todas cunha absoluta falta de respecto. Queren ver como te ris. E son practicantes ocasionais , pero coidado, que se te descuidas, un polvo botábancho. Avisad@ estás.

+ info:  http://www.myspace.com/medomeda