As ATAQUE ESCAMPE volven a Sargadelos. O 24 de xullo a iso das 23:00, comezará o concerto do grupo santiagués. Un grupo formado no ambiente universitario da cidade de Santiago de
Compostela por rapaces de diferentes zonas do país contra o remate do
ano 2001. Nese momento
os seus seis membros, Samuel, Pablo, Álex, Dani, Miguel e Roi, comezan a
ensaiar de xeito irregular na residencia universitaria do Monte da
Condesa, ademais de gravar con pésimos medios (por exemplo, casse...tte)
temas de corte folk-rock (o laúde e o violín aparecían ao lado da
guitarra eléctrica) que a nivel letrístico unen o experimentalismo con
elementos de temática bravú.
As
Ataque Escampe escriben cancións con salsa agridoce. Producen músicas
tristes para escenarios con cortina vermella, reverbs torturados e
himnos á derrota, pero tamén rock’n'roll para desabrochar as camisas,
soul hilarante e, por que non, ruído. Textos amargos que manchan as
mans con algo que chamaremos optimismo e a estraña melancolía dun
crooner extraterrestre. Arrástranse desde 2001 polos escenarios,
electrificándose de a pouco conforme pasan os anos, mudando de formación
e deixando constancia do seu paso pola Terra en formato disco: Galicia es una mierda (2008), A grande evasión (2009), Violentos anos dez (2011), Noites de agosto con Ataque Escampe (2012) ou O disco vermello (2014), entre
outros. Do pop ao soul con paradas no krautrock, na cumbia, no dub, no
rap, no calipso e onte vostedes queiran se non lles preocupan demasiado a
pureza e esas cousas. Perdedores, perdedoras: deixen as miserias na
casa e veñan bailar a súa música sen complexos ao campo da festa de α
Centauro.
+INFO: http://www.ataqueescampe.org/
No hay comentarios:
Publicar un comentario