Como cada ano que a A.C.R. Fervenza de Sargadelos leva organizando a Romería de Sargadelos, un día dos festexos é sinónimo de concerto de música galega, xa sexa folk, ou tradicional galego. E despois de que pasaran grupos da talla de A Quenlla, A Roda ou Berrogüetto, este ano, concretamente o 25 de xullo, estará TREIXADURA. O concerto será a partires das 22:00 da noite.
TREIXADURA é sinónimo de música tradicional, ritmos, cantigas e instrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías
máis populares coma nas festas e eventos urbanos, co obxectivo de que
o público goce bailando, cantando e escoitando música de seu. 15 músicos que proveñen de propostas musicais variadas e teñen en
común o gusto e o respecto pola música tradicional, motivo abondo para que hoxe representen e dignifiquen este proxecto.
A idea inicial, os primeiros anos, os concertos, as marchas e as novas incorporacións, os discos, o momento actual, o pasado e o presente de dúas décadas de música galega

+info: http://www.treixadura.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario