O sábado 25 de xullo, e celebarando o día do Santiago Apóstol, contamos tamén coa actuación do Grupo Acuarela, onde comezará a súa actuación coa sesión Vermouth, a partires das 14:00 da tarde. Compartirá cartel co grupo de música tradicional galega, archicoñecido e gañador do Pedrón de Ouro 2009, A Quenlla. Será un día óptimo para celebrar unha das Romerías máis laureadas da comarca, onde o que se pretende é recuperar a orixe da festa, e que mellor que con boa música da terra e farra.
O 25 de xullo, toda a xente pode disfrutar da festa ó ritmo da música actual, de pasodobres, cumbias, salsa e merengue; contrastado coa nosa música tradicional a cargo de A Quenlla.
Unha boa ocasión para celebrar o día de Galicia, e como non pode ser mellor, que en SARGADELOS!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario