O histórico grupo de música tradicional A Quenlla actuará na romería o 25 de xullo. Este texto da súa web resume a longa traxectoria destes músicos.
"A Quenlla naceu en 1984. Os obxectivos fundamentais con que naceu eran, entre outros, continuar no mundo da música e da palabra, logo da primeira experiencia con “Fuxan os Ventos”. Deste xeito, quixeron crear unha nova agrupación para dinamizar -coma suma de vontades e un xeito específico de facer- a Cultura Galega e, de xeito especial, a canción.
Desde os seus inicios, A Quenlla puxo unha especial atención na Cultura Tradicional, asumindo como base a memoria colectiva e, como fundamento histórico, recuperala do abandono e do esquecemento, transmitindo unha versión de moitos feitos que poucas veces se contaron. Adoptar unha postura crítica e un compromiso diante dos acontecementos é o que move a A Quenlla, que non canta por cantar, senón que o fai para expresa-lo seu propio punto de vista. As súas cancións veñen sendo unha mestura de música tradicional recollida directamente por eles mesmos con outra música baseada en textos de autores -homes e mulleres da Palabra- que resisten inflexibles na procura da recuperación da memoria histórica, dos dereitos culturais e da dignidade como Pobo.

Ademáis Xosé Luís Rivas "Mini" e Baldomero Iglesias, "Mero" obteron o premio Pedrón de Ouro 2009 polo seu esforzo e traballo que realizan dende 1972 recollendo e transmitindo o patrimonio da tradición oral galega. Levan todo ese tempo recompilando material por toda a xeografía galega, pero fundamentalmente na Terra Cha, a súa comarca natal, e nas zonas de Boimorto e Mesía, onde exercen a docencia. O Pedrón de Ouro recoñece a personalidade ou entidade viva "que máis destacase na defensa e promoción das facetas da cultura" de Galicia ao longo do ano ou nunha traxectoria vital, como é o caso... Os dous musicólogos, transmisores dunha cultura oral e musical que doutro xeito se perdería, afirman que o mérito é "redescubrirse a si mesmos" a través da investigación cultural que emprenderon hai 37 anos." (A NOSA TERRA)Noraboa aos premiados que, como xa sabedes, tocarán o día de Santiago en Sargadelos co seu grupo A Quenlla.
Hoxe integran A Quenlla: Chusa, Tareixa, Mariña, César, Iria, Mijail, Manuel Varela, Raúl Galego (interpretacións de gaita), Mini e Mero."

No hay comentarios:
Publicar un comentario