miércoles, 8 de julio de 2015

viernes, 5 de diciembre de 2014

VII NOITEBOA INFANTIL

Un ano máis, e por séptimo ano consecutivo, a A.C.R. Fervenza de Sargadelos quere estar preto dos máis pequenos da casa. E de que mellor maneira que na tarde do 24 de decembro. Será o mércores 24 de decembro no Pavillón de Cervo, a partir das 17:00
   Como xa é habitual, a programación de actividades vén cargada, e coa novidade deste ano de "pintura de caras" para todos os nen@s que o desexen. Xa que a monitora de Tempo Libre, a cervense Rocío Cabaleiro será a encargada de poñerlle unha imaxe pintoresca nesta edición.
17:00 Recepción de tod@s os neno@s.
17:30 Hinchables
18:00 Chocolatada
18:30 Contacontos a cargo de "O CAXOTO CATIVO"
19:15 Visita de Papá Noel
20:30 Sorteo de 5 kg de marisco na POusada "O Almacén"

ORGANIZA: A.C.R. Fervenza de Sargadelos
COLABORA: EXCMO. Concello de Cervo

domingo, 20 de julio de 2014

A RODA de volta en Sargadelos. Xoves 25 xullo ás 22:45

   Hai quen di que se A Roda non nacera habería que inventala...O grupo A Roda nace como tal en 1977, pois xa houbo intentos anteriores, unha historia nunca contada... A Roda é un grupo de amigos, coñecidos, espontáneos, dun "eu pasaba por alí"... que se reunían a cantar arredor dunha mesa redonda, metonimia da roda, e metáfora do que anos atrás, moitos anos atrás inventou o Rei Artur e os seus cabaleiros.
 Despois de catro anos, e de que por aquel xullo de 2010 o Grupo A RODA. co eterno vocalista Fito, en vida, nos fixese vibrar coa súa música e as súas cancións, están de volta. Con diferentes cambios na súa formación e presentando novo disco "Outra Volta de Roda", ofreceránnos outro concerto que seguramente será apoteósico. Será o próximo venres 25 de xullo a partires das 22:45
   Como din eles " Depois de moitos anos de bagaxe quixemos voltar á fonte limpa, revisamos o pasado para escribir o futuro, dende unha nova óptica, este disco é produto das nosas inquedanzas, de novas experiencias, da madurez. Cada un de nós é parte do carro e fai que sone de novo o eixo, seguido dun miudiño son de inveteradas borracheiras, o betoque que suxeita a lamia, que suxeita a roda, que suxeita o carro..". Así comeza a nova andaina deste eterno e mítico grupo do panorama folk-tradicional galego. E dito disco "Outra Volta de Roda” é ademais unha homenaxe a toda a xente que pasou pola nosa formación, é a lembranza de Fito, un disco na memoria do eixo d’a Roda.
     Porque a A.C.R. Fervenza de Sargadelos segue apostando pola música popoular galega. E por sexto ano cosecutivo ao fronte da Romeria de Sargadelos, Pretendemos que todos os romeir@s bailen, disfruten, canten os temas de sempre como "o gato", "pousa pousa" etc. XA HAI PLAN PARA O 25

+INFO: http://www.grupoaroda.es/


lunes, 14 de julio de 2014

ATAQUE ESCAMPE o 24 de xullo

As ATAQUE ESCAMPE volven a Sargadelos. O 24 de xullo a iso das 23:00, comezará o concerto do grupo santiagués. Un grupo formado no ambiente universitario da cidade de Santiago de Compostela por rapaces de diferentes zonas do país contra o remate do ano 2001. Nese momento os seus seis membros, Samuel, Pablo, Álex, Dani, Miguel e Roi, comezan a ensaiar de xeito irregular na residencia universitaria do Monte da Condesa, ademais de gravar con pésimos medios (por exemplo, casse...tte) temas de corte folk-rock (o laúde e o violín aparecían ao lado da guitarra eléctrica) que a nivel letrístico unen o experimentalismo con elementos de temática bravú.
      As Ataque Escampe escriben cancións con salsa agridoce. Producen músicas tristes para escenarios con cortina vermella, reverbs torturados e himnos á derrota, pero tamén rock’n'roll para desabrochar as camisas, soul hilarante e, por que non, ruído. Textos amargos que manchan as mans con algo que chamaremos optimismo e a estraña melancolía dun crooner extraterrestre. Arrástranse desde 2001 polos escenarios, electrificándose de a pouco conforme pasan os anos, mudando de formación e deixando constancia do seu paso pola Terra en formato disco: Galicia es una mierda (2008), A grande evasión (2009), Violentos anos dez (2011), Noites de agosto con Ataque Escampe (2012) ou O disco vermello (2014), entre outros. Do pop ao soul con paradas no krautrock, na cumbia, no dub, no rap, no calipso e onte vostedes queiran se non lles preocupan demasiado a pureza e esas cousas. Perdedores, perdedoras: deixen as miserias na casa e veñan bailar a súa música sen complexos ao campo da festa de α Centauro.

+INFO: http://www.ataqueescampe.org/

viernes, 27 de junio de 2014

ALMA LATINA O 24 DE XULLO EN SARGADELOS

   O grupo musical cervense ALMA LATINA, volverá á Romería de Sargadelos 2014. Será o xoves 24 de xullo na paraxe histórico-artística de Sargadelos. Comezarán cunha sesion vermut ás 14:00, para posteriormente seguir coa verbena de denoite a partir das 0:00, xusto despois do concerto de Ataque Escampe.
  Todos os romeir@s volverán a bailar, cantar  disfrutar con este grupo de musicazos. Deleitarannos con cancións de onte e de hoxe.
   Alma Latina Ameniza festas populares, vodas, ceas e todo tipo de celebracións lúdicas, interpretando melodías de baile con temas de sempre e de actualidade. Abarcan música cantada e instrumental para todo tipo de público e idades. 
  Durante a xa longa historia de Alma Latina teñen actuado en todo tipo de eventos, chegando incluso a participar en exitosos programas televisivos como "Luar", da Televisión de Galicia. A tradicional verbena galega sempre á orde do día na Romería de Sargadelos
 
+info: http://www.grupoalmalatina.com/

viernes, 31 de enero de 2014

6 ANOS DE HISTORIA (por Ramón González)



Para a xuventude de Cervo, para moita xente de Cervo, o Santiago de Sargadelos é unha festa tan nosa coma o San Roque -patrón do pobo- ou a Queimada Popular. Como vivimos nesas datas algúns dos momentos máis divertidos e pracenteiros das nosas vidas, uns cantos mozos e mozas xuntámonos alá por 2008 no Caseto de Copa para tratar de reflotar unha romaría que estaba perdendo interese. Contabamos tamén no grupo con algúns nativos, coma Sandra, o que non quitou que houbese quen nos vacilase por organizar os festexos da parroquia veciña... E aí seguimos.

Así surxiu Fervenza de Sargadelos, unha asociación que naceu entre a ilusión de facer cousas e o medo a non dar pagado as facturas (ollo, esa segue sendo unha preocupación prioritaria). Case todos eramos principiantes na organización de eventos e o que máis controlaba era Chopi, que fora músico de orquestra e entre café e café que nos servía aportaba o pouco coñecemento que tiñamos. E falabamos de facer un festival de rock, coma había anos atrás, e traer aos míticos Mallory, ou que A Quenlla ou A Roda viñesen tocar algún día. E falabamos de recuperar os xantares do 25 de xullo, e na medida do posible as acampadas. Desde logo, o entorno das antigas fábricas non podía ser un aliciente máis grande.

Xuntanza tras xuntanza foron saíndo as ideas para financiar a romaría: a Noiteboa Infantil, por exemplo. O primeiro ano case deu perdas -en ningún caso dramáticas- pero os nenos estaban felices, e cos anos foi consolidándose coa axuda de xente coma Felipe “O Caxoto” ou Piru. Hoxe xa é unha pequeniña fonte de ingresos, e ó tempo unha das actividades que máis nos gusta facer. Como a gastronomía é un valor seguro, apostamos tamén pola Festa da Fabada, para a que nos apoiu especialmente a xente do Almacén. Pero home precavido vale por dous, aprendímolo tarde, e na primeira edición quedamos axiña sen existencias. Debía ser divertido (para quen tivese comido) ver as nosas caras rebuscando nas potas baleiras mentres máis e máis xente chegaba a mercar unha ración. Co tempo, fomos mellorando. E vendendo as nosas camisetas, vendendo lotaría, e coa axuda económica dos veciños e das empresas, sen esquecer o apoio das institucións (Concello e Deputación) a cousa colleu forma.

A primeira edición que organizamos, a do 2009, foi inolvidable. Foi a do primeiro Sargadelos Fusión con Snatch, Bytheface, Mallory -por suposto- e O Leo, que deu probablemente un dos concertos máis breves da súa vida. Más Dbs no control de son. A noite seguinte tocou A Quenlla, e a xente bailou coa “Rumboia” e algúns dos máis novos flipamos con “Ter ou ser”. Non eramos tantos, pero tampouco tan poucos, e en calquera caso elixidos. Estivo moi ben. Ah. E a xente baixou o Xunco en colchonetas, coma sempre se fixo.

Para o 2010 redobramos a aposta. As Ataque Escampe deron un concertazo no Fusión para despois meter o Focus nun furado do campo, e cando os sete ou oito que alí estabamos xa pensabamos en chamar á grúa viñeron un tipo de Espiñerido e outro de Viladesuso a sacar o coche sen ningún problema. Aquel ano tamén actuaron Sacha na Horta, Mallory e Recambios Tucho, “premio do público”. A Roda, co inolvidable Fito no mando das operacións, fixo que houbese na festa tanta xente bailando e cantando como nos nosos mellores soños.

O 2011 foi o ano de Berrogüetto, aquel ano no que o campo da festa estaba cheo e case non coñeciamos a ninguén (unha sensación extraña e marabillosa). Ao final, coñecidos e menos coñecidos acabamos montando un baile entre expertos e absolutos negados (roda!!!) no que case temos que dar un parte de feridos. Tamén foi o ano no que a xente botou un pé coa Requinta da Laxeira durante a festa gastronómica, algo que (iso si) non chegamos a soñar nunca: que a música se impuxese (momentaneamente) á panceta. Os nosos habituais colaboradores nas brasas, sempre fieis, puideron tomar un respiro. E foi o Sargadelos Fusión -o terceiro- no que os Medomedá rebentaron a gargalladas ao público. Naquela edición tamén estiveron con nós Clan Maragato, Remakers e Falperrys.

No 2012, a chuvia desluciu (pero só un pouco) a emocionante actuación de Treixadura. Para o Fusión recurrimos a vellos amigos como Medomedá e Recambios Tucho, ademais de Los Eternos (“que bos son estes tíos”, escoitábase por alí) e The Brosas, que pecharon o festi a ritmo de (como diría Rubén) macarrada fina.

Na edición de 2013 só houbo festa un día, no que tocaron A Requinta da Laxeira, pois suspendimos os actos polo accidente de tren de Angrois.

Durante estes anos tamén puxeron a bailar á tropa toda os dúos, tríos, grupos e orquestras que contratamos: Acuarela, Chingla & Salva, Samil, Fusión, Vivarium, Costa do Mar, Alma Latina e EpoK.

Pero sobre todo, quen máis contribuiu a animar o cotarro fóstedes vós, que viñestedes a facer grande a festa e divertirvos. Por iso dámosvos as gracias e agardamos vervos no campo, outro ano máis, en 2014.

lunes, 23 de diciembre de 2013

VI NOITEBOA INFANTIL

    Estamos en nadal, e a A.C.R. Fervenza de Sargadelos métese de cheo na programación de actividades para os máis pequenos da casa. O martes 24, a partir das 17:00 organizamos no Pavillón de Cervo, a VI NOITEBOA INFANTIL. Unha tarde para que os nenos e nenas disfruten durante toda a tarde xogando, rindo, comendo, escoitando....e sobre todo....que terán a oportunidade de pedirlle os seus regalos ao gran protagonista de dito día, Papa Noel.
    A programación comeza ás 17:00 coa recepeción de todos os nen@s para posteriormente proseguir coas seguintes actividades:

- HINCHABLES
- CHOCOLATADA
- CONTACONTOS a cargo de Felipe "O CAXOTO KATIVO"
- VISITA DE PAPÁ NOEL

As nais e pais preparan a cea para a noite, e os nenos XOGAN!!!

ANÍMATE!!!!!!

ORGANIZA: A.C.R. FERVENZA DE SARGADELOS
COLABORA: EXCMO. CONCELLO DE CERVO