miércoles, 15 de julio de 2009

BYTHEFACE NO SARGADELOS FUSIÓN o 24 de xullo

Finalmete pola cancelacion dos burelaos Torques, o grupo rockeiro BYTHEFACE completará o cartel final do I FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN. Son 5 (+ou-) persoaxes da vella escola Hardcore, Grunge, Rockeira, Salseira y Pachangueira de VIVEIRO que trais integrar outras bandas decidiron montar BYTHEFACE valorando por encima de todo a amizade e as gañas de pasalo DePutaMadre!!! Durante estes 2 anos de andaina e parranda! decidiron poñerse en serio e centrarse no que vai ser o seu primeiro album. Combinando estilos variados, frescura e aires HC de Viveiro e esperan facerse un oco na escena musical.
VÉMONOS.......................................Bytheface

Os integrantes do grupo son:
IVAN...............Voz
VICTOR............Bajo
SANTI..........Bateria
KIKO..........Guitarra
CHEMA......Guitarras


Para máis información en http://www.myspace.com/bytheface1

lunes, 13 de julio de 2009

CANCELADA A ACTUACIÓN DE TORQUES NO SARGADELOS FUSIÓN

Finalemente e por motivos laborais, o grupo burealo TORQUES, non estará no I Festival musical SARGADELOS FUSIÓN. Nestes momentos, a A.C.R. Fervenza de Sargadelos está buscando unha nova actuación para suplir á banda burelá. Polo tanto seguirán sendo catro actuacións.

jueves, 4 de junio de 2009

NOVIDADE NO BLOG DA ROMERÍA


No lateral da páxina poderedes escoitar cancións e proximamente vídeos dos grupos que vaiamos confirmando para tocar na Romería. Comezamos por agora co histórico grupo A Quenlla, que tocarán como xa sabedes o día 25. Aí vos quedan Avec moito love, Bando do Alcalde, María Balteira, Rumboia e Ter ou ser.

QUEIMADA con... Xosé Vicente Mon o sábado 25 de xullo en Sargadelos

O día 25 de xullo, despois do concerto do histórico grupo A Quenlla, poderedes degustar gratis unha saborosa queimada; o correspondente conxuro correrá a cargo do mestre queimador cervense Xosé Vicente Mon Canoura. Outro aliciente máis para que vos acheguedes á Romería o día de Galicia. Unha brevaxe para exteriorizar todos eses malos espíritos que levamos dentro de nós. O bruxo pregonará o esconxuro xusto ó rematar o concerto de A Quenlla, e repartirarase litros e litros de augardente totalmente gratuita.
Aquí tedes o link da web do queimador cervense Xosé Vicente Mon: