miércoles, 20 de junio de 2012

MEDOMEDÁ NO IV SARGADELOS FUSIÓN

Dende Teo e liderados por Marquinhos Drinkin, aquí chega (ou mellor dito, volve, e foise saíndo a ombros) o último eslabón da mellor estirpe de bandas de rock clásico galegas. Descarados, retranqueiros... Capaces de facer rir cunha versión desternillante e de asombrar cun solo de guitarra. Defínense como unha mestura de rock e comedia. No peto caben temas propios, e (per)versións da BSO de Titanic, de Queen, de Maná. Todas cunha absoluta falta de respecto. Queren ver como te ris. E son practicantes ocasionais , pero coidado, que se te descuidas, un polvo botábancho. Avisad@ estás.

+ info:  http://www.myspace.com/medomeda

lunes, 18 de junio de 2012

VOLVEN OS RECAMBIOS TUCHO ao IV FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN. Martes 24 de xullo.

    Simplemente así se definen estes fenómenos: "RECAMBIOS TUCHO regurjjita da boca do que fòra creador e ideòlogo dos . .finadiños?...HEREDEIROS DA CRUS; TUCHO,  busca dàrlle a volta de parafuso (para fuso TÙ,guapo) os grandes clàsicos do rock dos 70(tentando desmerecelos na sua xusta medida) co desparafusador (desparafusa que??) retranqueiro do noso Tucho TUMBABRAJAS. .. Sen màis Retranca vergonzante i acusadora ¡señora! a uste me remito sen mais demora que RECAMBIOS TUCHO està de volta con enerxia renovada i demoledora mail de contacto"
      Este grupazo, volverá a estar con nós, no Festival Sargadelos fusión, despois de que no ano 2010 debutaran en terras sargadelinas. Serán os terceiros en aparecer en escea nesta cuarta edición se do Fusión. Será unha gran festa. SEGURO. Vivan os RECAMBIOS!!!

COMPOÑENTES:
Jitarras: Os Retuchos ( Tuchiño e Tucho o Furón)
Baixista ou brajista: Pablo Laranxo
Batería: Alvaro de Camariñas
O que canta: Tama


+ INFO:  http://www.myspace.com/recambiostucho

martes, 12 de junio de 2012

LOS ETERNOS abrirán o SARGADELOS FUSIÓN, martes 24 de xullo.

O camiño entre Nashville e Austin faI escala en Galicia. Ás grandes capitais da música vaqueira norteamericana saiulles competencia dende Cedeira, donde os compoñentes de "Los Eternos" facturan un «country rock» tan convincente que o selo Warner Music editoulles no mercado internacional o seu primer cedé, Back on The Road.

Formados no 2003, Los Eternos é unha das formacións habituais no circuito galego de locais de música en directo, no que ofrecen uns 30 ou 40 conciertos ao ano. Nestes seis anos, o grupo coñeceu diferentes membros e foron evolucionando dende un rock and roll de corte clásico, pasando por un son máis potente y setentero, ata o seu actual son country rock seguindo as preferencias do público.
   Este fenomenal grupo de Cedeira seráo encargado de abrir o IV FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN o martes 24 de xullo.

+ INFO: http://www.myspace.com/loseternos

martes, 5 de junio de 2012

THE BROSAS, o 24 de xullo no IV FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN

  O martes 24 de xullo comeza a tradicional Romería de Sargadelos. Isto é sinal do comezo dunha nova edición do Festival musical SARGADELOS FUSIÓN, que xa vai pola súa cuarta edición, e con máis tirón cada ano que pasa. Este ano, novamente contamos con catro bandas, todas elas galegas que nos deleitarán co seu directo durante cinco horas na inugualabre paraxe de Sargadelos.

   Unha das bandas son os burelaos THE BROSAS. Refinados coma unha faca de Taramundi, depurados coma un tomahawk indio, sutís coma o machete que lles dá nome: The Brosas son una banda de Burela composta por  Lorenzo (baixo), Bernardo (guitarra e voz) , Rubén (guitarra) e Gara (bateria). O seu son as cancións contundentes, directas, clariñas e concisas: boogie rock desquiciado, furia redneck e ferro a fondo ata que parta o pistón. O seu primer traballo, gravouse nos estudios Bonham da Coruña, e contén sete cancións veloces e sinceras.

Aquí vai un dos seus temas, que ruxirá na Romeria 2012. Martes 24 de xullo


http://www.myspace.com/thebrosas



lunes, 23 de abril de 2012

IV FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN, martes 24 de xullo ás 23:00 h..

3...2....1.....Comeza a conta atrais para a Romería de Sargadelos 2012, e tamén para o IV FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN. Un evento que xa vai pola súa cuarta edición, e que ano trais ano, capta un maior número de siareiros de tódalas idades e tódolos puntos da provincia.
A A.C.R. Fervenza de Sargadelos será a encargada de organizalo festival, que ao mesmo tempo vai encadrado dentro da programación cultural da Romería de Sargadelos que se celebrará os días 24 e 25 de xullo do presente ano na paraxe histórica-cultural de Sargadelos. Destacar tamén, que por cuarto ano consecutivo, Mas Db´s Sonido Profesional encaragarase do equipo de luz e son, e así darlle un toque de maxia e calidade a dito festival, que estará composto por catro bandas de diferentes puntos da xeografía galega.

Podemos adiantar que os burelenses THE BROSAS e LOS ETERNOS de Cedeira, están oficialmente confirmados. Nos próximos días confirmaremos as dúas bandas restantes que completan o cartel. Queridos romeir@s quedan 90 días e baixando. Seguiremos informando.

viernes, 24 de febrero de 2012

ROMERÍA DE SARGADELOS 2012

En breve iremos informando e adiantando as novas correspondentes á Romería de Sargadelos 2012, que se celebrará os días 24 e 25 de xullo.....ATENTOS!!!!!!!!

miércoles, 20 de julio de 2011

PRESENTACIÓN ROMERÍA 2011

Momento da presentación da Romería de Sargadelos, na Casa do Concello!!!

De esquerda a dereita, Xose Fernandez Segurado, Presidente da A.C.R. Fervenza de Sargadelos, Tania González Concellala de Cultura, Ramiro Chaves, Vicepresidente da A.C.R Fervenza de Sargadelos, Alfonso Villares, Alcade de Cervo, Pilar Álvarez Concellala de Xuventude, Sandra Duarte e Isabel Blas, Vocais da A.C.R Fervenza de Sargadelos.


Dende a A.C.R Fervenza Sargadelos agradecemos profundamente a todas aquelas institucións que colaboraron coa Romería de Sargadelos 2011, EXCMO Concello de Cervo, EXCMA Diputación de Lugo- Cultura e INLUDES; así como a todas as empresa colaboradores e particulares. Moitas gracias a todos!!