martes, 19 de abril de 2011

III TORNEO DE MUS

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos" organiza o III Torneo de Mus o sábado 23 de abril na Pousada O Almacén de Cervo. Xa sabedes que iso de fardar de ser a mellor parella de mus da volta non se paga con diñeiro!
COSTE DA INSCRICIÓN: 20 euros.
PRAZO: ata o sábado ás 12 horas, chamando por teléfono ó 653.324.047 (ou mandando un mail a fervenzadesargadelos@gmail
.com).
PREMIOS: 50% recaudación para os PRIMEIROS CLASIFICADOS
20% da recaudación para os SEGUNDOS CLASIFICADOS.


ORGANIZA: A.C.R. FERVENZA DE SARGADELOS
COLABORA: POUSADA "O ALMACÉN"

miércoles, 26 de enero de 2011

III EDICIÓN DA FESTA DA FABADA, O 19 DE FEBREIRO

O sábado 19 de febreiro celebraremos a III FESTA DA FABADA na praza do Souto de Cervo. A repartición de racións (fabada+pan+viño+tarrina), comezará a partires das 19:30. Posteriormente, a partires das 22:30, terá lugar a verbena no interior da carpa a cargo do Grupo Costa do Mar. No descanso da actuación, membros da asociación realizarán o sorteo dun lote de productos mariños. Alí vos agardamos... traede fame e ganas de festa.
ORGANIZA: A.C.R FERVENZA DE SARGADELOS
COLABORAN:
EXCMO CONCELLO DE CERVO
INLUDES
EXCMA. DEPUTACIÓN DE LUGO.

lunes, 17 de enero de 2011

BENVIDO 2011

A PARTIRES DESTE MOMENTO PUBLICAREMOS TODAS AS ACTUALIZACIÓNS E NOVAS DO PRESENTE ANO: actividades, festas, eventos culturais, actuacións, etc.

Benvidos a Romería de Sargadelos 2011.

jueves, 21 de octubre de 2010

REGALAMOS 2 CAMISTEAS EN FACEBOOK

Estamos a piques de de ser 1.000 romeir@s en FACEBOOK. E co paso dos dias, das semanes e meses, esperamos ser moitos máis. E para celebrar dita cantidade, a Romería de Sargadelos regala ó romeir@ número 1.000 un pack de dúas camisetas, co lema de VOLTA Á ORIXE e de SARGADELÍZATE. Con esta idea pretendemos ser cada vez máis romeiros e romeiras, e así coñecernos todos, interactuar, intercambiar opinións, falar e comentar na rede social.
Estaremos antentos pa saber quen é o gañad@r, para poñernos en contacto con dita persoa para mandalo pack.

A partir desta idea e desta cantidade inicial, a romería de sargadelos, de 100 en 100 amigos, regalará packs de camistas ós afortunados.

martes, 20 de julio de 2010

PRESENTACIÓN DA ROMERIA DE SARGADELOS 2010

Este pasado martes 20 de xullo, celebrouse na paraxe de Sargadelos a presentación da tradicional Romaxe de Sargadelos, que se celebra esta fin de semana no conxunto histórico-artístico de dita parroquia.
Os encargados de realizala presentación foron algúns dos membros da A.C.R. Fervenza de Sargadelos, como Ramiro Chaves vicepresidente, Sandra Duarte como vocal e Xosé Fernández como Presidente da entidade.

Dende Fervenza, desexámosvos unhas felices festas. Un fin de semana intenso de festa, onde poidamos celebrar un ano máis unha das romerías máis emblemáticas da comarca e incluso da provincia. Na cal seguiremos no empeño de recuperar esa orixe anteriormente perdida.
Gracias a todos ós que colaboraron, ós que se implicaron e ós que fixeron posible a celebración desta festa. GRACIAS A TODOS.

Un saúdo

miércoles, 14 de julio de 2010

SÁBADO 24 DE XULLO, CHORIZADA E PANCETADA

Dentro da programación da Romería de Sargadelos 2010, hai que destacar un ano máis, a festa gastronómica que caracteriza a dito festexo. O sábado 24 de xullo, a partires das 20:00 da tarde, os membros da A.C.R. Fervenza e colaboradores, repartirán no lugar dos antigos fornos, racións de chourizos, panceta e pan.
Que mellor que abrir boca con esta disgustación típIca do noso país antes do concerto do ilustre grupo galego A RODA.
Aproveitamos tamén para comunicar, que ás 0:00 da noite, xusto ó remate de dito concerto, seguiremos con gastronomía, xa que os membros da asociación tamén repartirán litros de queimada gratuitamente e así todos os alí presentes queden purificados de todo mal.