viernes, 5 de junio de 2009
jueves, 4 de junio de 2009
NOVIDADE NO BLOG DA ROMERÍA
No lateral da páxina poderedes escoitar cancións e proximamente vídeos dos grupos que vaiamos confirmando para tocar na Romería. Comezamos por agora co histórico grupo A Quenlla, que tocarán como xa sabedes o día 25. Aí vos quedan Avec moito love, Bando do Alcalde, María Balteira, Rumboia e Ter ou ser.
QUEIMADA con... Xosé Vicente Mon o sábado 25 de xullo en Sargadelos
O día 25 de xullo, despois do concerto do histórico grupo A Quenlla, poderedes degustar gratis unha saborosa queimada; o correspondente conxuro correrá a cargo do mestre queimador cervense Xosé Vicente Mon Canoura. Outro aliciente máis para que vos acheguedes á Romería o día de Galicia. Unha brevaxe para exteriorizar todos eses malos espíritos que levamos dentro de nós. O bruxo pregonará o esconxuro xusto ó rematar o concerto de A Quenlla, e repartirarase litros e litros de augardente totalmente gratuita.
Aquí tedes o link da web do queimador cervense Xosé Vicente Mon:
Aquí tedes o link da web do queimador cervense Xosé Vicente Mon:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)